[Date Prev][Date Next] [Thread Prev][Thread Next] [Date Index] [Thread Index]

Jacobo Tarrío (era: Re: Fwd: Teño dúas dúbidas)



Sip, a verdade é que me chamou a atención esa atitude. A ver, para quen
non se cosque da movida estamos a falar de Jacobo Tarrío:

http://jacobo.tarrio.org/Portada

Cando solicitamos crear esta lista (soliciteino eu, vaia, pero por que había
máis peña con esa teima) él plantexou dúas condicións que están escritas no
enderezo web que indica mvillarino máis abaixo, e que traducidas son
estas:

---- 
1- Que d-i (debian installer, o programa que sirve para instalar debian) e
as plantillas de debconf (debian configuration, para configurala) tradúceas
él, e que eu non as traducirei.

2- Que só él define o criterio que él sigue ao facer as súas traducións.

Se algunha destas dúas condicións non se cumpre, él abandona a tradución
de Debian.
----

En fin. Por unha parte, se él está a facelo e non hai discordancias, non
vexo problema en que siga facendo ise traballo. A fin de contas o tema
baséase no traballo voluntario: e pola miña parte non teño o máis mínimo
interese en facer o traballo que outro está a facer.

Por outra parte, o único xeito de evitar queimarse e por tanto, deixarnos 
colgados a todos e todas, é socializar o traballo, facelo colectivo: así,
se un día il é abducido por unha nave marciana, o colectivo asume o
traballo que facía el, e Debian sigue estando en galego (moito máis
fácil que alugar unha nave marciana para ilo buscar, que sae nunha
pasta).

Supoño que temos que plantexarnos cómo resolver iso... así que, pola
miña parte o que vou facer é meter a Tarrío no CC: desta mensaxe para:

1. Convidalo a se inscreber na lista, se é que aínda non o fixo.
2. Que nos conte cómo ve él o tema.

Pois iso.


pedro silva escrebeu:
> On 1/5/07, mvillarino <mvillarino@gmail.com> wrote:
> >O Venres, 5 de Xaneiro de 2007 10:13, pedro silva escribiu:
> >> -sobre o algume dos guions, non sei de quen falas, seica hai algun dd na
> >> galiza?
> >>
> >
> >Pois si, referíame ao que até o de agora é, que eu saiba, o único que fixo
> >algo de traballo para a tradución (das cousas específicas) de debian, que 
> >ven
> >sendo o que escrebeu isto:
> >http://lists.debian.org/debian-i18n/2006/12/msg00194.html
> 
> vaia, que util.
> que ven sendo:
> "non podedes traducir nada do d-i, nin dos debcnof-templates"
> 
> logo... que nos queda?
> a documentacion, a web, ...
> 
> algo mais?
> 
> de calquera xeito, non estaria de mais buscar outras formas de facer
> frente ao "burnout"...
> 
> >
> >> saude!
> >
> >Pois xa que perguntas, non moita, teño unha sinusite que case me apetece a 
> >mim
> >tamén arrincarme os ollos.
> 
> animo!
> 
> -- 
> -----------------------------------------------------------
> Pedro Silva Franco
> -----------------------------------------------------------
> tfno: [+34 610 275 993]
> email: [goretoxo@gmail.com]
> -----------------------------------------------------------



Reply to: