[Date Prev][Date Next] [Thread Prev][Thread Next] [Date Index] [Thread Index]

Re: O meu papel nesta rolda e ofrecemento



Boas Alexandre, pois benvido. Pola miña parte -cada quen que fale por sí
mesmo- dicirche que toda aportación é sempre positiva, e que se fixera
falta ser un hacker ou un gurú de Debian para poder axudar, pouco futuro
tería a cousa :) Ademais, Ubuntu está baseada en Debian así que seguro
que o que aprendas con ela vaiche valer despois para Debian seguro.

Así que benvido, graciñas pola túa axuda para montar a lista e tamén
polo teu ofrecimento para compartir recursos! :)

Minhoca escrebeu:
> Ola. Son Alexandre Prieto, minhoca na rede.
> 
> Eu estou apuntado nesta rolda porque un bon dia chegoume unha petición 
> de axuda para que debian crease unha rolda pola localización á nosa lingua.
> 
> Evidentemente, respostei á petición. Dicir que eu non teño idea de 
> Debian, que levo toda a vida con windows e que tan so fai uns seis meses 
> comecei os primeiros pasos con Ubuntu (agora é o único que utilizo, inda 
>  en proceso de aprendizaxe).
> 
> Eu pouco (ou mais ben nada), vou poder aportar a debian-galego, porque 
> nada controlo de debian, moi pouco de linux en xeral, e o meu inglés "eu 
> poder ler con diccionario na man".
> 
> O único que vos podo ofrecer é o espazo e as ferramentas da 
> ciberirmandade da fala (http://www.ciberirmandade.org). Temos instalado 
> o Entrans (unha ferramenta de tradución on-line), e calquera proxecto 
> que o precise, pode contal con el. Tamén temos uns foros phpBB, e non 
> habería problema algún en crear mais foros se fosen necesarios, visibeis 
> ou ocultos ou como sexa).
> 
> Ben. Como xa non é a primeira vez que hai xente que se amola coa 
> ciberirmandade, quero deixar claro que eu non pretendo nada, que 
> simplemente digo que eu non podo axudar polas miñas limitacións, que 
> estou nesta rolda de rebote (simplemente por axudar a que existise), e 
> que se precisades algunha axuda da ciberirmandade, que podedes contar 
> con ela, sempre, evidentemente, que sexa pola nosa lingua.
> 
> Bo ano.
> -- 
> ---
>      Saúde.
> ......................................................................
> Miñoca (Alexandre Prieto). Vigo-Galiza.
> minhoca@ciberirmandade.org - alternativo: minhoca@wanadoo.es
> 
> Ciberirmandade da Fala - http://www.ciberirmandade.org
> A defensa da lingua da Galiza, tamén na rede
> ......................................................................
> 
> 
> -- 
> To UNSUBSCRIBE, email to debian-l10n-galician-request@lists.debian.org
> with a subject of "unsubscribe". Trouble? Contact 
> listmaster@lists.debian.org



Reply to: