[Date Prev][Date Next] [Thread Prev][Thread Next] [Date Index] [Thread Index]

O meu papel nesta rolda e ofrecemento



Ola. Son Alexandre Prieto, minhoca na rede.

Eu estou apuntado nesta rolda porque un bon dia chegoume unha petición de axuda para que debian crease unha rolda pola localización á nosa lingua.

Evidentemente, respostei á petición. Dicir que eu non teño idea de Debian, que levo toda a vida con windows e que tan so fai uns seis meses comecei os primeiros pasos con Ubuntu (agora é o único que utilizo, inda en proceso de aprendizaxe).

Eu pouco (ou mais ben nada), vou poder aportar a debian-galego, porque nada controlo de debian, moi pouco de linux en xeral, e o meu inglés "eu poder ler con diccionario na man".

O único que vos podo ofrecer é o espazo e as ferramentas da ciberirmandade da fala (http://www.ciberirmandade.org). Temos instalado o Entrans (unha ferramenta de tradución on-line), e calquera proxecto que o precise, pode contal con el. Tamén temos uns foros phpBB, e non habería problema algún en crear mais foros se fosen necesarios, visibeis ou ocultos ou como sexa).

Ben. Como xa non é a primeira vez que hai xente que se amola coa ciberirmandade, quero deixar claro que eu non pretendo nada, que simplemente digo que eu non podo axudar polas miñas limitacións, que estou nesta rolda de rebote (simplemente por axudar a que existise), e que se precisades algunha axuda da ciberirmandade, que podedes contar con ela, sempre, evidentemente, que sexa pola nosa lingua.

Bo ano.
--
---
     Saúde.
......................................................................
Miñoca (Alexandre Prieto). Vigo-Galiza.
minhoca@ciberirmandade.org - alternativo: minhoca@wanadoo.es

Ciberirmandade da Fala - http://www.ciberirmandade.org
A defensa da lingua da Galiza, tamén na rede
......................................................................



Reply to: