[Date Prev][Date Next] [Thread Prev][Thread Next] [Date Index] [Thread Index]

Re: Coordinación para traducir as descricións dos paquetes



Boas,

Eu vou localizar o ficheiro número 1.

Un saúdo,

Manuel 

 



2014-10-21 0:09 GMT+02:00 Xurxo Barreiro <xurxo@findomundo.es>:
Moi boas!

Aquí van as novas semanais. Espero que sigades con ganas de traducir, porque
por fin teño traballo que darvos.

Tal como comentaba, convertín as descricións dos paquetes a un ficheiro .po,
separadas as cadeas por parágrafos, ordenei as cadeas por prioridade de
tradución e dividín ese .po mestre en un centro de .po secundarios. Podedes
atopalos aquí:
http://www.findomundo.es/debian/ficheiros/

Canto máis baixa a numeración, maior prioridade terá, así que quen queira
traballar, que se asigne o ficheiro de numeración máis baixa que estea libre e
se poña. Para asignarse un ficheiro, simplemente mandar unha mensaxe a esta
lista de correo, con un asunto que diga algo como «Pídome o ficheiro número 3».
Para comprobar se alguén se pediu algún ficheiro xa, comprobade as mensaxes
enviadas á lista. Máis adiante tratarei de facer unha páxina resumo para poder
ver os ficheiros asignados e a quen máis facilmente.

Unha vez rematedes co ficheiro, enviádelo de novo á lista (comprimido, por
favor) para revisión pública. Nunha mensaxe respondendo á enviada
anteriormente e cun asunto igualmente descritivo como «O ficheiro 3 para
revisión». Despois eu me encargarei de collelo e integralo no ficheiro mestre,
e rexerar o ficheiro para posterior uso.

Cada ficheiro ten 1000 cadeas. Algunhas delas xa estarán traducidas, xa que o
alimentamos coa memoria de tradución de Xosé e as cadeas que había en ubuntu.
Cando collades un ficheiro sería bo revisar tamén as cadeas existentes, polo
menos da primeira vez.

Non fai falla traducir por completo un ficheiro para reenvialo. Podedes coller
un para traballar na fin de semana e o domingo á noite envialo co feito, sexa
pouco ou moito. A división en ficheiros é só para non pisarse ó traducir. Non
vos quededes con ficheiros durante semanas: iso non sería práctico para os
demais.

Un ficheiro volverá a quedar libre cando eu acabe de integralo e comunique que
queda libre de novo.


E creo que nada máis polo de agora. Vou tratar de ir mellorando a información
pouco a pouco. Mentres podedes ir traballando e, se quedan dúbidas, preguntar.


Saúdos.

O Luns, 13 de Outubro de 2014 17:11:11 escribiches:
> Ola de novo,
>
> espero que non se vos pasen as ganas de traducir por culpa da espera. Inda
> non teño preparados os .po para traballar, pero esta fin de semana estiven
> traballando no tema e teño avances.
>
> Polo de agora xa conseguín un ficheiro .po que utilizaremos como ficheiro
> mestre, onde están todas as cadeas que se van usar. Xa importei cas cadeas
> traducidas en ubuntu, co cal xa vai un traballo feito. Podedes atopar este
> ficheiro aquí:
> http://www.findomundo.es/debian/
>
> Neste ficheiro puxéronse como cadeas separadas cada un dos parágrafos das
> descricións. Como comentario de cada cadea está o nome do paquete ó que
> pertence e o número de parágrafo dentro desa descrición. Hai moitas cadeas
> que se repetían nas descricións de cada paquete, así que nos comentarios
> dalgunhas cadeas poderedes atopar unha lista de paquetes. Se queredes ver
> máis información sobre o paquete, ou ver a descrición completa no seu
> contexto, podedes ir á páxina:
> http://packages.debian.org/sid/nome-do-paquete
>
> Algunhas das traducións están marcadas como incompletas. Isto pode ser por
> dúas razóns: a descrición orixinal cambiou desde que se fixo a tradución,
> ou porque existían varias traducións diferentes para unha mesma cadea
> fonte. Neste último caso quedaron na tradución todas as versións atopadas.
>
> Podedes baixalo e botarlle un ollo, pero como xa comentáramos non é
> práctico traballar con el directamente. Teño que partilo en anacos
> manexables, pero quería facelo seguindo algún criterio de prioridade, e
> para iso teño que incorporarlle datos sobre a sección á que pertence ou a
> súa puntuación «popcon».
>
> Como excepción doulle permiso a Xosé, autor da maioría das traducións xa
> realizadas en ubuntu, para revisar se quere as traducións xa feitas. Ós
> demáis espero poder darvos material para traballar pronto. Posiblemente
> esta fin de semana, se saco algo de tempo, poida ter os .po definitivos.
>
>
> Saúdos!


--
To UNSUBSCRIBE, email to debian-l10n-galician-request@lists.debian.org
with a subject of "unsubscribe". Trouble? Contact listmaster@lists.debian.org
Archive: [🔎] 201410210009.58154.xurxo@findomundo.es" target="_blank">https://lists.debian.org/[🔎] 201410210009.58154.xurxo@findomundo.es



Reply to: