Re: Coordinación para traducir as descricións dos paquetes
Collo o segundo ficheiro (ddtp_gl_ES.002.po.gz).
Xosé
O Martes 21 Outubro 2014 15:05:03 Manuel Iglesias Fernández escribiu:
> Boas,
>
> Eu vou localizar o ficheiro número 1.
>
> Un saúdo,
>
> Manuel
>
>
> [image: --]
>
> Manuel Iglesias Fernández
> Tradutor/translator/traductor (EN, PT>GL, ES)
> Tel.: (+34) 697 24 58 25
> Skype: manuif11
> [image: http://]about.me/manuel.iglesias.fdez
> <http://about.me/manuel.iglesias.fdez?promo=email_sig>
>
> 2014-10-21 0:09 GMT+02:00 Xurxo Barreiro <xurxo@findomundo.es>:
> > Moi boas!
> >
> > Aquí van as novas semanais. Espero que sigades con ganas de traducir,
> > porque
> > por fin teño traballo que darvos.
> >
> > Tal como comentaba, convertín as descricións dos paquetes a un ficheiro
> > .po,
> > separadas as cadeas por parágrafos, ordenei as cadeas por prioridade de
> > tradución e dividín ese .po mestre en un centro de .po secundarios.
> > Podedes
> > atopalos aquí:
> > http://www.findomundo.es/debian/ficheiros/
> >
> > Canto máis baixa a numeración, maior prioridade terá, así que quen queira
> > traballar, que se asigne o ficheiro de numeración máis baixa que estea
> > libre e
> > se poña. Para asignarse un ficheiro, simplemente mandar unha mensaxe a
> > esta
> > lista de correo, con un asunto que diga algo como «Pídome o ficheiro
> > número 3».
> > Para comprobar se alguén se pediu algún ficheiro xa, comprobade as
> > mensaxes
> > enviadas á lista. Máis adiante tratarei de facer unha páxina resumo para
> > poder
> > ver os ficheiros asignados e a quen máis facilmente.
> >
> > Unha vez rematedes co ficheiro, enviádelo de novo á lista (comprimido, por
> > favor) para revisión pública. Nunha mensaxe respondendo á enviada
> > anteriormente e cun asunto igualmente descritivo como «O ficheiro 3 para
> > revisión». Despois eu me encargarei de collelo e integralo no ficheiro
> > mestre,
> > e rexerar o ficheiro para posterior uso.
> >
> > Cada ficheiro ten 1000 cadeas. Algunhas delas xa estarán traducidas, xa
> > que o
> > alimentamos coa memoria de tradución de Xosé e as cadeas que había en
> > ubuntu.
> > Cando collades un ficheiro sería bo revisar tamén as cadeas existentes,
> > polo
> > menos da primeira vez.
> >
> > Non fai falla traducir por completo un ficheiro para reenvialo. Podedes
> > coller
> > un para traballar na fin de semana e o domingo á noite envialo co feito,
> > sexa
> > pouco ou moito. A división en ficheiros é só para non pisarse ó traducir.
> > Non
> > vos quededes con ficheiros durante semanas: iso non sería práctico para os
> > demais.
> >
> > Un ficheiro volverá a quedar libre cando eu acabe de integralo e comunique
> > que
> > queda libre de novo.
> >
> >
> > E creo que nada máis polo de agora. Vou tratar de ir mellorando a
> > información
> > pouco a pouco. Mentres podedes ir traballando e, se quedan dúbidas,
> > preguntar.
> >
> >
> > Saúdos.
> >
> > O Luns, 13 de Outubro de 2014 17:11:11 escribiches:
> > > Ola de novo,
> > >
> > > espero que non se vos pasen as ganas de traducir por culpa da espera.
> >
> > Inda
> >
> > > non teño preparados os .po para traballar, pero esta fin de semana
> >
> > estiven
> >
> > > traballando no tema e teño avances.
> > >
> > > Polo de agora xa conseguín un ficheiro .po que utilizaremos como
> > > ficheiro
> > > mestre, onde están todas as cadeas que se van usar. Xa importei cas
> >
> > cadeas
> >
> > > traducidas en ubuntu, co cal xa vai un traballo feito. Podedes atopar
> >
> > este
> >
> > > ficheiro aquí:
> > > http://www.findomundo.es/debian/
> > >
> > > Neste ficheiro puxéronse como cadeas separadas cada un dos parágrafos
> > > das
> > > descricións. Como comentario de cada cadea está o nome do paquete ó que
> > > pertence e o número de parágrafo dentro desa descrición. Hai moitas
> >
> > cadeas
> >
> > > que se repetían nas descricións de cada paquete, así que nos comentarios
> > > dalgunhas cadeas poderedes atopar unha lista de paquetes. Se queredes
> > > ver
> > > máis información sobre o paquete, ou ver a descrición completa no seu
> > > contexto, podedes ir á páxina:
> > > http://packages.debian.org/sid/nome-do-paquete
> > >
> > > Algunhas das traducións están marcadas como incompletas. Isto pode ser
> >
> > por
> >
> > > dúas razóns: a descrición orixinal cambiou desde que se fixo a
> > > tradución,
> > > ou porque existían varias traducións diferentes para unha mesma cadea
> > > fonte. Neste último caso quedaron na tradución todas as versións
> >
> > atopadas.
> >
> > > Podedes baixalo e botarlle un ollo, pero como xa comentáramos non é
> > > práctico traballar con el directamente. Teño que partilo en anacos
> > > manexables, pero quería facelo seguindo algún criterio de prioridade, e
> > > para iso teño que incorporarlle datos sobre a sección á que pertence ou
> > > a
> > > súa puntuación «popcon».
> > >
> > > Como excepción doulle permiso a Xosé, autor da maioría das traducións xa
> > > realizadas en ubuntu, para revisar se quere as traducións xa feitas. Ós
> > > demáis espero poder darvos material para traballar pronto. Posiblemente
> > > esta fin de semana, se saco algo de tempo, poida ter os .po definitivos.
> > >
> > >
> > > Saúdos!
> >
> > --
> > To UNSUBSCRIBE, email to debian-l10n-galician-request@lists.debian.org
> > with a subject of "unsubscribe". Trouble? Contact
> > listmaster@lists.debian.org
> > Archive: [🔎] 201410210009.58154.xurxo@findomundo.es">https://lists.debian.org/[🔎] 201410210009.58154.xurxo@findomundo.es
Reply to: