[Date Prev][Date Next] [Thread Prev][Thread Next] [Date Index] [Thread Index]

Re: Revisando



ficheiro: util-linux

/etc/fstab contén polo menos unha entrada marcada como «noauto» con un
número de pasadas distinto de cero (o que significa que o sistema de
ficheiros non será ser montado automaticamente ao arrancar, pero
debería ser comprobado por «fsck», a ferramenta de comprobación de
sistemas de ficheiros).

/etc/fstab contén polo menos unha entrada marcada como «noauto» cun
número de pasadas distinto de cero (o que significa que o sistema de
ficheiros non será montado automaticamente ao arrancar, mais debería
ser comprobado por «fsck», a ferramenta de comprobación de sistemas de
ficheiros).



Comezando en esta versión, «fsck» fallará nos sistema de ficheiros que
teñan un número de pasadas distinto de cero e que non estean
dispoñíbeis (por exemplo, porque están desconectados) no momento en
que se execute «fsck». Isto causará que o sistema entre no modo de
reparación de sistemas de ficheiros durante o arranque.

Comezando nesta versión, «fsck» fallará nos sistemas de ficheiros que
teñan un número de pasadas distinto de cero e que non estean
dispoñíbeis (por exemplo, porque están desconectados) no momento en
que se execute «fsck». Isto provocará que o sistema entre no modo de
reparación de sistemas de ficheiros durante o arranque.



Para evitar este problema, axuste as entradas de fstab dos
dispositivos extraíbeis poñendo o número de pasadas a cero, ou
engadindo a opción «nofail». Para obter máis información consulte
mount(8).

Para evitar este problema, axuste as entradas de «fstab» dos
dispositivos extraíbeis poñendo o número de pasadas a cero, ou
engadindo a opción «nofail». Para obter máis información consulte
mount(8).



ficheiro: saned

ollo cos perifrásticos e formas compostas... na miña opinión
desnaturalizan os textos ao seren excesivamente "cultistas"

liña 69 → os configurar, ha ter

liña 96 → han estar


2011/8/14 Miguel Bouzada <mbouzada@gmail.com>:
> ficheiro: dash
>
> comando ??? → orde :)
>
> 2011/8/14 Miguel Bouzada <mbouzada@gmail.com>:
>> Van dous... seguirei :)
>>
>> ficheiro: ca-certificates
>>
>> Despois da investigación que fixemos sobre o das «entidades de
>> acreditación», eu estou a empregar o acrónimo EA no canto de CA
>>
>> Estou tamén a empregar a inicial de entidades en maiúscula...
>>
>> liña 56 →  - preguntar: preguntar por cada novo certificado Entidades
>> de acreditación.
>>         - preguntar: preguntar por cada novo certificado de Entidades de acreditación.
>>         - preguntar: preguntar por cada novo certificado dunha Entidade de
>> acreditación.
>>
>> liña 76
>> upgrade → anovación
>> update → actualización
>> así foi acordado xa hai tempo
>>
>>
>> ficheiro: clamav
>>
>> liña 243 → Hai que configurar algunhas opcións para «clamav-base».
>> eu poría (é cousa só de estilo) É preciso configurar algunhas opcións
>> para «clamav-base».
>>
>> liña 269 → Escolla o tipo de socket no que «clamd» ha escoitar.
>> Hai algún tempo falose na lista de «listening», a min a expresión
>> escoitar non me gusta, eu aoito empregar «atende»
>>
>> o mesmo na liña 287, 311 → supoño haberá máis, se concordas conmigo...
>> unha busca e listo :)
>>
>> liña 345 (e sucesivas) → Desexa activar o exame do correo?
>> exame non me acae aló moi ben, non estaría mellor "analise" ?
>>
>> liña 374 → ...para explorar o seu contido na busca de virus.
>> aquí empregas explorar por check, aínda que o orixinal indicaría
>> mellor «comprobar» eu case empregaría en todo o ficheiro o mesmo
>> creiterio ... «analizar» (ou se o prefires «examinar»)
>>
>> liña 409 → Profundidade máxima de directorio admitida:
>> eu empregaria o plural «directorios», xa que o singular infire «1
>> directorio» de profundidade
>>
>> XERAL
>> creo que hai un uso abusivo das formas compostas... ha facerse, hanse
>> estabelecer, ha quedar, hase desactivar, ha funcionar ... etc
>> na miña opinión, e non son o único, aínda que é unha forma correcta, é
>> unha forma culta pouco usada é que fai máis dificil a comprensión do
>> texto.
>>
>> liña 443 → Tempo límite para o explorador de fíos (segundos):
>> poría (en segundos) case pode lerse: en segundos fíos :)
>>
>> liña 484 → Ficheiro de rexistro para «clamav-daemon» (non introduza
>> nada para desactivar):
>> para desactivalo ??
>>
>> liña 498 → Retardo en segundos entre as comprobacións automáticas do servizo:
>> por suxestión de Antón estou a empregar «atraso» tamén na 729
>>
>> liña 504 → Durante a autocomprobación, o servizo comproba...
>> adoito empregar a forma longa ;) comprobación automática
>>
>> liña 567 → Desexa cargar bytecode desde a base de datos?
>> «bytecode» ou «código intermedio» ou... «código binario» (?)
>> http://fr.wikipedia.org/wiki/Bytecode
>>
>> liña 573 → Confiar na signatura
>> sinatura ? (sen o g) igual que despois na liña 591 (onde tamén hai «bytecode»
>>
>> liña 615 → Hai que configurar algunhas opcións para «clamav-milter».
>> o mesmo que antes na liña 243: É preciso... ????
>>
>> liña 621 ... sobra o til no á man ?
>>
>> liña 657 → Typo → elimininar
>>
>> liña 745 → ficar → lusismo
>>
>> liña 751 → Facer chroot ao directorio: «chroot» ? tamén 757, 767
>>
>> liña 773 → Ficheiro de PID:
>> do ? (IDentificador de Proceso)
>>
>> liña 779 → escoita → xa comentado antes
>>
>> liña 838 → sobra o til en escolleránse
>>
>> liña 854 → as máquinas nas que non se deben examinar o correo entrante.
>> erro de concordancia ... debe ... ?
>>
>>
>> liña 880 → Indique a ruta a un ficheiro de lista branca, que contén
>> enderezos de correo electrónico que deben facer que se omita o exame.
>>
>> sería bo revisar o estilo da frase, e bastante dura de ler :)
>>
>> XERAL
>> observo que traduces «regular» de dous xeitos distintos, como
>> «regular» e como «normal»
>> creo que a maioría dos usos é «regular»
>>
>> liña 890 → Cada liña deste ficheiro deberá ser unha expresión regular
>> POSIX, onde as liñas que comecen por #, : ou ! serán ignoradas como
>> comentarios.
>> → por «#», «:» ou «!» → como na orixinal ?
>>
>> liña 937 → Furado negro
>> falso amigo desde o castelán → «burato» tamén 961
>>
>> liña 1069 → ...posibelmente substituíndo cabeceiras xa existentes semellantes.
>> só cousa de estilo → posibelmente substituíndo cabeceiras semellantes
>> xa existentes.
>>
>> liña 1090 → Deixe en branco para desactivar.
>> desactivalo?
>>
>> --
>> Membro de «The Document Foundation projects» http://gl.libreoffice.org
>> Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net
>> Membro do «Grupo de Amigos Linux de Pontevedra (GALPon)» http://galpon.org
>> Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
>>
>
>
>
> --
> Membro de «The Document Foundation projects» http://gl.libreoffice.org
> Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net
> Membro do «Grupo de Amigos Linux de Pontevedra (GALPon)» http://galpon.org
> Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
>



-- 
Membro de «The Document Foundation projects» http://gl.libreoffice.org
Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net
Membro do «Grupo de Amigos Linux de Pontevedra (GALPon)» http://galpon.org
Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org


Reply to: