[Date Prev][Date Next] [Thread Prev][Thread Next] [Date Index] [Thread Index]

Re: Revisando



ficheiro: dash

comando ??? → orde :)

2011/8/14 Miguel Bouzada <mbouzada@gmail.com>:
> Van dous... seguirei :)
>
> ficheiro: ca-certificates
>
> Despois da investigación que fixemos sobre o das «entidades de
> acreditación», eu estou a empregar o acrónimo EA no canto de CA
>
> Estou tamén a empregar a inicial de entidades en maiúscula...
>
> liña 56 →  - preguntar: preguntar por cada novo certificado Entidades
> de acreditación.
>         - preguntar: preguntar por cada novo certificado de Entidades de acreditación.
>         - preguntar: preguntar por cada novo certificado dunha Entidade de
> acreditación.
>
> liña 76
> upgrade → anovación
> update → actualización
> así foi acordado xa hai tempo
>
>
> ficheiro: clamav
>
> liña 243 → Hai que configurar algunhas opcións para «clamav-base».
> eu poría (é cousa só de estilo) É preciso configurar algunhas opcións
> para «clamav-base».
>
> liña 269 → Escolla o tipo de socket no que «clamd» ha escoitar.
> Hai algún tempo falose na lista de «listening», a min a expresión
> escoitar non me gusta, eu aoito empregar «atende»
>
> o mesmo na liña 287, 311 → supoño haberá máis, se concordas conmigo...
> unha busca e listo :)
>
> liña 345 (e sucesivas) → Desexa activar o exame do correo?
> exame non me acae aló moi ben, non estaría mellor "analise" ?
>
> liña 374 → ...para explorar o seu contido na busca de virus.
> aquí empregas explorar por check, aínda que o orixinal indicaría
> mellor «comprobar» eu case empregaría en todo o ficheiro o mesmo
> creiterio ... «analizar» (ou se o prefires «examinar»)
>
> liña 409 → Profundidade máxima de directorio admitida:
> eu empregaria o plural «directorios», xa que o singular infire «1
> directorio» de profundidade
>
> XERAL
> creo que hai un uso abusivo das formas compostas... ha facerse, hanse
> estabelecer, ha quedar, hase desactivar, ha funcionar ... etc
> na miña opinión, e non son o único, aínda que é unha forma correcta, é
> unha forma culta pouco usada é que fai máis dificil a comprensión do
> texto.
>
> liña 443 → Tempo límite para o explorador de fíos (segundos):
> poría (en segundos) case pode lerse: en segundos fíos :)
>
> liña 484 → Ficheiro de rexistro para «clamav-daemon» (non introduza
> nada para desactivar):
> para desactivalo ??
>
> liña 498 → Retardo en segundos entre as comprobacións automáticas do servizo:
> por suxestión de Antón estou a empregar «atraso» tamén na 729
>
> liña 504 → Durante a autocomprobación, o servizo comproba...
> adoito empregar a forma longa ;) comprobación automática
>
> liña 567 → Desexa cargar bytecode desde a base de datos?
> «bytecode» ou «código intermedio» ou... «código binario» (?)
> http://fr.wikipedia.org/wiki/Bytecode
>
> liña 573 → Confiar na signatura
> sinatura ? (sen o g) igual que despois na liña 591 (onde tamén hai «bytecode»
>
> liña 615 → Hai que configurar algunhas opcións para «clamav-milter».
> o mesmo que antes na liña 243: É preciso... ????
>
> liña 621 ... sobra o til no á man ?
>
> liña 657 → Typo → elimininar
>
> liña 745 → ficar → lusismo
>
> liña 751 → Facer chroot ao directorio: «chroot» ? tamén 757, 767
>
> liña 773 → Ficheiro de PID:
> do ? (IDentificador de Proceso)
>
> liña 779 → escoita → xa comentado antes
>
> liña 838 → sobra o til en escolleránse
>
> liña 854 → as máquinas nas que non se deben examinar o correo entrante.
> erro de concordancia ... debe ... ?
>
>
> liña 880 → Indique a ruta a un ficheiro de lista branca, que contén
> enderezos de correo electrónico que deben facer que se omita o exame.
>
> sería bo revisar o estilo da frase, e bastante dura de ler :)
>
> XERAL
> observo que traduces «regular» de dous xeitos distintos, como
> «regular» e como «normal»
> creo que a maioría dos usos é «regular»
>
> liña 890 → Cada liña deste ficheiro deberá ser unha expresión regular
> POSIX, onde as liñas que comecen por #, : ou ! serán ignoradas como
> comentarios.
> → por «#», «:» ou «!» → como na orixinal ?
>
> liña 937 → Furado negro
> falso amigo desde o castelán → «burato» tamén 961
>
> liña 1069 → ...posibelmente substituíndo cabeceiras xa existentes semellantes.
> só cousa de estilo → posibelmente substituíndo cabeceiras semellantes
> xa existentes.
>
> liña 1090 → Deixe en branco para desactivar.
> desactivalo?
>
> --
> Membro de «The Document Foundation projects» http://gl.libreoffice.org
> Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net
> Membro do «Grupo de Amigos Linux de Pontevedra (GALPon)» http://galpon.org
> Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
>



-- 
Membro de «The Document Foundation projects» http://gl.libreoffice.org
Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net
Membro do «Grupo de Amigos Linux de Pontevedra (GALPon)» http://galpon.org
Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org


Reply to: