[Date Prev][Date Next] [Thread Prev][Thread Next] [Date Index] [Thread Index]

Revisando



Van dous... seguirei :)

ficheiro: ca-certificates

Despois da investigación que fixemos sobre o das «entidades de
acreditación», eu estou a empregar o acrónimo EA no canto de CA

Estou tamén a empregar a inicial de entidades en maiúscula...

liña 56 →  - preguntar: preguntar por cada novo certificado Entidades
de acreditación.
	 - preguntar: preguntar por cada novo certificado de Entidades de acreditación.
	 - preguntar: preguntar por cada novo certificado dunha Entidade de
acreditación.

liña 76
upgrade → anovación
update → actualización
así foi acordado xa hai tempo


ficheiro: clamav

liña 243 → Hai que configurar algunhas opcións para «clamav-base».
eu poría (é cousa só de estilo) É preciso configurar algunhas opcións
para «clamav-base».

liña 269 → Escolla o tipo de socket no que «clamd» ha escoitar.
Hai algún tempo falose na lista de «listening», a min a expresión
escoitar non me gusta, eu aoito empregar «atende»

o mesmo na liña 287, 311 → supoño haberá máis, se concordas conmigo...
unha busca e listo :)

liña 345 (e sucesivas) → Desexa activar o exame do correo?
exame non me acae aló moi ben, non estaría mellor "analise" ?

liña 374 → ...para explorar o seu contido na busca de virus.
aquí empregas explorar por check, aínda que o orixinal indicaría
mellor «comprobar» eu case empregaría en todo o ficheiro o mesmo
creiterio ... «analizar» (ou se o prefires «examinar»)

liña 409 → Profundidade máxima de directorio admitida:
eu empregaria o plural «directorios», xa que o singular infire «1
directorio» de profundidade

XERAL
creo que hai un uso abusivo das formas compostas... ha facerse, hanse
estabelecer, ha quedar, hase desactivar, ha funcionar ... etc
na miña opinión, e non son o único, aínda que é unha forma correcta, é
unha forma culta pouco usada é que fai máis dificil a comprensión do
texto.

liña 443 → Tempo límite para o explorador de fíos (segundos):
poría (en segundos) case pode lerse: en segundos fíos :)

liña 484 → Ficheiro de rexistro para «clamav-daemon» (non introduza
nada para desactivar):
para desactivalo ??

liña 498 → Retardo en segundos entre as comprobacións automáticas do servizo:
por suxestión de Antón estou a empregar «atraso» tamén na 729

liña 504 → Durante a autocomprobación, o servizo comproba...
adoito empregar a forma longa ;) comprobación automática

liña 567 → Desexa cargar bytecode desde a base de datos?
«bytecode» ou «código intermedio» ou... «código binario» (?)
http://fr.wikipedia.org/wiki/Bytecode

liña 573 → Confiar na signatura
sinatura ? (sen o g) igual que despois na liña 591 (onde tamén hai «bytecode»

liña 615 → Hai que configurar algunhas opcións para «clamav-milter».
o mesmo que antes na liña 243: É preciso... ????

liña 621 ... sobra o til no á man ?

liña 657 → Typo → elimininar

liña 745 → ficar → lusismo

liña 751 → Facer chroot ao directorio: «chroot» ? tamén 757, 767

liña 773 → Ficheiro de PID:
do ? (IDentificador de Proceso)

liña 779 → escoita → xa comentado antes

liña 838 → sobra o til en escolleránse

liña 854 → as máquinas nas que non se deben examinar o correo entrante.
erro de concordancia ... debe ... ?


liña 880 → Indique a ruta a un ficheiro de lista branca, que contén
enderezos de correo electrónico que deben facer que se omita o exame.

sería bo revisar o estilo da frase, e bastante dura de ler :)

XERAL
observo que traduces «regular» de dous xeitos distintos, como
«regular» e como «normal»
creo que a maioría dos usos é «regular»

liña 890 → Cada liña deste ficheiro deberá ser unha expresión regular
POSIX, onde as liñas que comecen por #, : ou ! serán ignoradas como
comentarios.
→ por «#», «:» ou «!» → como na orixinal ?

liña 937 → Furado negro
falso amigo desde o castelán → «burato» tamén 961

liña 1069 → ...posibelmente substituíndo cabeceiras xa existentes semellantes.
só cousa de estilo → posibelmente substituíndo cabeceiras semellantes
xa existentes.

liña 1090 → Deixe en branco para desactivar.
desactivalo?

-- 
Membro de «The Document Foundation projects» http://gl.libreoffice.org
Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net
Membro do «Grupo de Amigos Linux de Pontevedra (GALPon)» http://galpon.org
Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org


Reply to: