[Date Prev][Date Next] [Thread Prev][Thread Next] [Date Index] [Thread Index]

Reenviando: [Re: [G11n] New version of the coordination pages (pseudo-urls)]



Jacobo Tarrio escrebeu:
> O único que digo é que o meu caracter e a miña maneira de traballar
> non se axustan ben ao traballo de localización en equipo, polo que se outra
> xente quere traballar, non debe contar comigo.

Creo que a estas alturas todo o mundo ten perfectamente claro eso que dis
e creo que ninguén pon en dúbida o teu direito a traballar como queiras.

Se da miña mensaxe deduces outra cousa entón deberías darlle unha volta
máis por que ninguén se está metendo contigo e pola túa reacción
parecería que sí. Xa teño notado que por algún motivo o que eu escrebo
aféctate especialmente, e ben que me coido de evitar ferir
susceptibilidades. A miña única referencia a tí foi pra recoñecer o valor
do teu traballo, considera iso.

>  En resumo: se non traballades en l10n de Debian, a culpa é vosa. Non
>  de Debian, nin miña, senón só vosa. E a min deixádeme en paz dunha vez.

Para o bon e para o malo nos proxectos comunitarios as responsabilidades 
son sempre colectivas; e iso inclúenos a todos, tanto se gostamos diso
como se non.

Saúdos,


Reply to: