[Date Prev][Date Next] [Thread Prev][Thread Next] [Date Index] [Thread Index]

Re: cousas e cousas e cousas....



Lugo mola, vale. Estiven alí a semana pasada nun curso de música
tradicional, mágoa non ter tido o encontronazo iste antes. Eu tou en
Compostela, nas cercanías de área central ou de san caetano é raro que
non me atopes; non son os sitios máis cool da cidade pero hai onde sentar
e tomar o que sexa.

A ver entón cando cadramos por aló ou por acó. Saúdos!

mvillarino escrebeu:
> O Mércores, 11 de Abril de 2007 13:38, suso@riseup.net escribiu:
> > Podes aclararnos a todos de qué vai iste crossposting?
> 
> Pois a que cando expreso a miña opinión acerca de algo/alguén, gostame que ese 
> algo/alguén a coñeza. Neste caso as partes implicadas sodes:
> -teo, remetente do correo iniciao,
> -ti, rexistrante de galinux.*, do que estaba a falar,
> -debian-gl (ver en bixo), e
> -tarrío, que fixo o que hai publicado das traducións de debian.
> 
> > É ben coñecido 
> > que Galinux naceu no Hacklab da Casa Encantada fai xa uns aniños a raíz,
> > entre outras cousas, dunha posta en común sobre o arquilexema do galego, e
> > todo iso está documentado no seu wiki dende fai uns aniños, por exemplo
> > isto:
> >
> > http://hacklab.causaencantada.org/wiki/ArquiLexema
> >
> > O proxecto decaeu e retomeino eu; ofrencillo aos guls cando se reuniron
> > coa Consellaría de Innovación e Industria pra falar dunha distro pero
> > creo que a algunha peña lle sentou mal a miña foto con Maddog; despois
> > foron incapaces de consensuar unha proposta e así chegamos ao día de hoxe
> > no que a Xunta non ten distro de seu. Despois a culpa será dos políticos,
> > claro. Bendita inocencia patriarcal...
> >
> > Pois o dito. Cando vin o tema das Pontes, flipei, pero alegreime. Así
> > que me puxen en contacto con Teo, pregunteille de qué ía a movida, e
> > ofrecinlle xuntar esforzos, ou combinalos. Ponto. Sí supoño que é un pouco
> > redundante que decidiran empregar un nome xa rexistrado para unha distro
> > cuxa función cumpren perfectamente outras como edubuntu ou edulinex... pero
> > qué queres que che diga Marce, por min xenial que Teo e demais profes se
> > puxeran mans á obra, por que a fin de contas, mira tí tanta redundancia
> > como denuncias, e o caso é que non tiñamos distro educativa en galego... ou
> > sí? E esas críticas túas á redundancia, lémbranme moito a determinados
> > preconceitos do stalinismo; qué será o seguinte, vas criticar os
> > sistemas RAID por que proveen redundancia?
> >
> > Resulta evidente que por parte de Teo foi un erro non mirar en google ou
> > alomenos pedirlle permiso á xente de Linux International, por que se tería
> > atopado con que xa existía un proxecto con ise nome. Estou seguro de que
> > telo sabido, tería perguntado e dende logo pola miña parte non ía haber
> > problema, nin tampouco o hai agora. Pero o caso é que as cousas foron así,
> > non creo que teña sentido poñerse a pelexar e sobre todo cando se trata
> > dalgo que só ten sentido cando significa xuntar esforzos.
> >
> > Polo demais, Marce, xa vemos todos moi clariño que as miñas iniciativas
> > non che gustan un carallo, e que non perdes oportunidade para cargar en
> > canto podes. Como nisto do traballo colaborativo xa levo dadas unhas
> > voltas, teño aprendido que hai dúas opcións: dicirlle ao meu procmail que
> > deposite grácilmente os teus correos en /dev/null, ou convidarte en
> > público a que cando queiras quedamos, aclaramos o que haxa que aclarar, e
> > nos deixamos de perder o tempo con vaguedades e mexadas fora do testo.
> >
> > E por non dar máis a vara: o meu teléfono é o 638 035 310; cando queiras,
> > pegas un toque, falamos e quedamos, e se cadra atopas que compartimos máis
> > do que disentimos, e igual resulta que até podemos xuntar esforzos e
> > traballar xuntos... por que diso se trata, non sí?
> 
> +34 666 746 956 (vodafone). A min, particularmente, gústame a cafetería que 
> hai enfronte da libraría Pergamo, en Lugo (rúa de san roque), sempre hai 
> sitio para aparcar os sábados pola mañá.
> 
> Aliás, lamento que se producise este malentendido: na mensaxe de Teo entendín 
> que as páxinas .net e .info ian estar destinadas á criazón dun novo proxecto 
> de tradución, a engadir aos existentes,  destinado só á tradución de Debian.
> 
> -- 
> Best regards
> MV
> ><((((º> ?.·?¯`·... ><((((º> ?.·?¯`·...? ><((((º> ?.·?¯`·...? ><((((º>
> Public key available at www.keyserver.net
> GPG Fingerprint: 8116 899E 61FD D983 AF80 FEDE 1CD8 1C9A 4B81 73AE




Reply to: