O Mércores, 11 de Abril de 2007 13:38, suso@riseup.net escribiu: > Podes aclararnos a todos de qué vai iste crossposting? Pois a que cando expreso a miña opinión acerca de algo/alguén, gostame que ese algo/alguén a coñeza. Neste caso as partes implicadas sodes: -teo, remetente do correo iniciao, -ti, rexistrante de galinux.*, do que estaba a falar, -debian-gl (ver en bixo), e -tarrío, que fixo o que hai publicado das traducións de debian. > É ben coñecido > que Galinux naceu no Hacklab da Casa Encantada fai xa uns aniños a raíz, > entre outras cousas, dunha posta en común sobre o arquilexema do galego, e > todo iso está documentado no seu wiki dende fai uns aniños, por exemplo > isto: > > http://hacklab.causaencantada.org/wiki/ArquiLexema > > O proxecto decaeu e retomeino eu; ofrencillo aos guls cando se reuniron > coa Consellaría de Innovación e Industria pra falar dunha distro pero > creo que a algunha peña lle sentou mal a miña foto con Maddog; despois > foron incapaces de consensuar unha proposta e así chegamos ao día de hoxe > no que a Xunta non ten distro de seu. Despois a culpa será dos políticos, > claro. Bendita inocencia patriarcal... > > Pois o dito. Cando vin o tema das Pontes, flipei, pero alegreime. Así > que me puxen en contacto con Teo, pregunteille de qué ía a movida, e > ofrecinlle xuntar esforzos, ou combinalos. Ponto. Sí supoño que é un pouco > redundante que decidiran empregar un nome xa rexistrado para unha distro > cuxa función cumpren perfectamente outras como edubuntu ou edulinex... pero > qué queres que che diga Marce, por min xenial que Teo e demais profes se > puxeran mans á obra, por que a fin de contas, mira tí tanta redundancia > como denuncias, e o caso é que non tiñamos distro educativa en galego... ou > sí? E esas críticas túas á redundancia, lémbranme moito a determinados > preconceitos do stalinismo; qué será o seguinte, vas criticar os > sistemas RAID por que proveen redundancia? > > Resulta evidente que por parte de Teo foi un erro non mirar en google ou > alomenos pedirlle permiso á xente de Linux International, por que se tería > atopado con que xa existía un proxecto con ise nome. Estou seguro de que > telo sabido, tería perguntado e dende logo pola miña parte non ía haber > problema, nin tampouco o hai agora. Pero o caso é que as cousas foron así, > non creo que teña sentido poñerse a pelexar e sobre todo cando se trata > dalgo que só ten sentido cando significa xuntar esforzos. > > Polo demais, Marce, xa vemos todos moi clariño que as miñas iniciativas > non che gustan un carallo, e que non perdes oportunidade para cargar en > canto podes. Como nisto do traballo colaborativo xa levo dadas unhas > voltas, teño aprendido que hai dúas opcións: dicirlle ao meu procmail que > deposite grácilmente os teus correos en /dev/null, ou convidarte en > público a que cando queiras quedamos, aclaramos o que haxa que aclarar, e > nos deixamos de perder o tempo con vaguedades e mexadas fora do testo. > > E por non dar máis a vara: o meu teléfono é o 638 035 310; cando queiras, > pegas un toque, falamos e quedamos, e se cadra atopas que compartimos máis > do que disentimos, e igual resulta que até podemos xuntar esforzos e > traballar xuntos... por que diso se trata, non sí? +34 666 746 956 (vodafone). A min, particularmente, gústame a cafetería que hai enfronte da libraría Pergamo, en Lugo (rúa de san roque), sempre hai sitio para aparcar os sábados pola mañá. Aliás, lamento que se producise este malentendido: na mensaxe de Teo entendín que as páxinas .net e .info ian estar destinadas á criazón dun novo proxecto de tradución, a engadir aos existentes, destinado só á tradución de Debian. -- Best regards MV ><((((º> ¸.·´¯`·... ><((((º> ¸.·´¯`·...¸ ><((((º> ¸.·´¯`·...¸ ><((((º> Public key available at www.keyserver.net GPG Fingerprint: 8116 899E 61FD D983 AF80 FEDE 1CD8 1C9A 4B81 73AE
Attachment:
pgpXcAY56oyK2.pgp
Description: PGP signature