[Date Prev][Date Next] [Thread Prev][Thread Next] [Date Index] [Thread Index]

Re: cousas e cousas e cousas....



O Martes, 10 de Abril de 2007 19:19, vostede escribiu:
>e coido que esa
> xuntanza non era para min. Non é a mesma cousa, pero na semana santa
> estiven nas Pontes e aproveitoume moito porque fixeron unha party moi
> "caseira", pero sempre atopas xente experta en algún tema e aprendes moito.

Jaja, para agora coido que a guademy tampouco era para min, pero sempre se 
coñeces xente. (Caguina, se  As Pontes caeme perto, de avisares acercaríame, 
poñen un café moi rico nun lugar que hai a uns quilómetros, no Chao)
>
> Polo que sei, andas a traballar con Suso Baleato e outros na localización
> de Debian (teño falado con él porque rexistrou galinux.net e galinux.info
> para o seu proxecto Debian e temos que arranxar o enredo das
> denominacións). Non o sabía, pero fozando polas listas coido que ti, Tarrío
> e outros "de sempre" andades no tema.
A única persoa activa na tradución de Debian é JTarrio, até onde eu cheguei a 
saber.
Respeito a iso da web para a tradución de Debian, só teño unha cousa que 
dicir: o importante é a mao de obra, se non se logra xuntar xente, non se 
chega a ren.
Persoalmente iso de criar novos proxectos cada dous por tres, cada un para o 
seu proxecto de tradución, paréceme ridídulo. Pareceumo cando se criou 
mancomún, proxecto do que opino que até que non fixo o curso ese entre o 
profesorado para adestralo no uso da interface web me parecía un tira-perras.

Que sentido ten? criar unha base terminolóxica común?, unha bd de traducións 
común? Circunvalar os esforzos da propria Debian por criar a súa propria 
infraestrutura?

> Se nalgún momento facedes/traducides 
> algo de utilidade para o ensino, prégovos que mo digades e tentaremos
> adaptalo ao noso traballo.

Como xa dixen, pide por esa boca.
Na actualidade estou algo esgotado no que se refire á tradución, e no canto 
adícome a desenvolver kmymoney, pero nada motiva máis que facer un traballo 
ao que se lle vai dar uso.
> E iso é todo... os meus parabéns... unha vez máis.

Grazas a vós. A ver se nos vemos un día.

-- 
Best regards
MV
><((((º> ¸.·´¯`·... ><((((º> ¸.·´¯`·...¸ ><((((º> ¸.·´¯`·...¸ ><((((º>
Public key available at www.keyserver.net
GPG Fingerprint: 8116 899E 61FD D983 AF80 FEDE 1CD8 1C9A 4B81 73AE

Attachment: pgpCnyXQL2ewn.pgp
Description: PGP signature


Reply to: