[Date Prev][Date Next] [Thread Prev][Thread Next] [Date Index] [Thread Index]

Re: Reenviando: [Jacobo Tarrío (era: Re: Fwd: Teño dúas dúbidas)]



O certo é que se estes traballos, institucións, etc. se pagan cos
cartos de todos, ¿Por que os resultados non estan dispoñibles
libremente? Eu boto en falta unha páxina na que poder consultar
calquera termo en galego. Se a Xunta reparte os cartos, penso eu que é
a mais indicada para iniciar calquera movemento.

Ata logo,
                Leandro Regueiro

On 1/9/07, suso@riseup.net <suso@riseup.net> wrote:
Até onde eu chego, termigal, volga, diccionariose demais cousas polo
estilo son movidas universitarias e non da xunta, xeralmente a través
de institucións vencelladas a elas tais coma o Ramón Pinheiro, o ILG ou
a RAG.

Con todo entendo eu que en tanto a financiaciación destes organismos
provén dos orzamentos que se aproban no parlamento e que son xestionados
pola xunta, supoño que non serían de descartar vías de interlocución por
vía xunta. En todo caso, para que iso suceda entendo que habería que
plantexar a demanda en primeiro lugar e facer presión e visibilizala de
xeito que xustifique unha intervención do tipo que sexa. E, en todo
caso, debería ser a través do órgano competente, que se podería deducir
para cada caso analisando a súa estructura orgánica e dependencia
funcional e financieira.

Dende logo no que a min respeita estou interesado nesa cuestión e quen
teña iniciativa calquera ao respeito que conte comigo. De feito isto é
algo que xa plantexei nas Xornadas sobre localización de software ao
galego organizadas polo Concello de Santiago, e se non me equivoco, esa
petición foi incluída nas conclusións finais.


Leandro Regueiro escrebeu:
> >dixo: Leandro Regueiro

> >> Sobre o do termigal, ¿non habia por aqui alguen da xunta que nos
> >> poderia botar un cable ou algo? Ainda non hai moito tempo botei en
> >> falta unha paxina web onde poder consultar calquera palabra en galego
> >> para ver como se escribe, significado e todo iso.
> >>


Reply to: