[Date Prev][Date Next] [Thread Prev][Thread Next] [Date Index] [Thread Index]

Re: Reenviando: [Jacobo Tarrío (era: Re: Fwd: Teño dúas dúbidas)]



Pois agora si que vai para todos. Perdon.

Ata logo,
              Leandro Regueiro

On 1/7/07, Suso <suso@riseup.net> wrote:
Leandro, creo que me enviaches s� a min o correo.

Sa�dos,

dixo: Leandro Regueiro
> Ola a todos. Vexo que esqueciches outro grupo, e quizais o mais
> grande: o da xente que se apunta e non fai nada, do cal eu son o
> exemplo tipico :)
>
> Sobre o do termigal, ¿non habia por aqui alguen da xunta que nos
> poderia botar un cable ou algo? Ainda non hai moito tempo botei en
> falta unha paxina web onde poder consultar calquera palabra en galego
> para ver como se escribe, significado e todo iso.
>
> Ata logo,
>               Leandro Regueiro
>
> On 1/6/07, Suso <suso@riseup.net> wrote:
>> Pois vexo bastante razonabel o que comentas de por qué queres traballar
>> así; alomenos no sentido de que é o xeito que tí atopaches para
>> enfrentarte á ausencia dunha memória de tradución ou dalgún sistema
>> de
>> validación terminolóxica que se encargue do tema da calidade.
>>
>> A verdade é que resulta lamentabel o facto de non podermos dispoñer
>> dun
>> acceso libre a recursos como o termigal por exemplo, xa que dise xeito o
>> tema da calidade, a lingüística polo menos, estaría en mans de quen
>> ten o
>> coñecemento para facelo, que son os lingüistas, ou filólogos. E
>> sabendo
>> que aínda por riba eses recursos existen e que son pagados con cartos
>> públicos a verdade é que cabrea.
>>
>> Polo demais, eu só podo falar por min mesmo. Supoño que hai xente que
>> entende que a miña iniciativa pretende como tí dis "montar o tinglado"
>> (ou
>> "outro" tiglado máis) e non se trata deso. Vale que todos estamos
>> fartos/as de ver peña cuxo único interese polo traballo dos demais é
>> mirar
>> cómo apropiarse dil e sacar cuartos ou cotas de poder... vale. Pero é
>> moito máis sinxelo. Trátase de que son un usuario da debian, que levo
>> moitos anos tendo que recurrir a parches para ter o meu sistema en
>> galego,
>> e que chegou un punto que me fartei. Podía escoller a vía de poñer a
>> parir
>> a todo dios e montarme o meu chiringuito -práctica demasiado frecuente
>> na
>> nosa terra- ou mirar cómo facer a miña aportación en positivo.
>> Durante
>> istes anos puiden comprobar a eficacia de determinadas ferramentas como
>> as
>> listas de distribución de correo para integrar os esforzos e a visión
>> de
>> xente moi diversa de xeito e por iso vin clara a necesidade de dispoñer
>> dunha lista onde fora posible ver ao "outro" como un compañeiro e non
>> como
>> un competidor, e que axudara a compatibilizar atitudes como a túa e
>> atitudes máis proclives ao traballo en equipo. Unha lista de correo
>> sobre
>> o tema en Debian era a solución evidente, e simplemente me puxen mans
>> á
>> obra, como un máis... evidentemente despois de varios anos de estar
>> escoitando as listas, de estudarme a documentación, e de abrir as
>> orellas
>> en charlas ou conversas que falaban sobre o tema. Pero esta lista non é
>> miña, nin eu mando eiquí nada máis que calquera outro, nin me
>> representa a
>> min, nin nada de iso. É unha ferramenta de traballo comunitaria e
>> punto.
>> Da xente que estamos inscrita nela dependerá que funcione ou non.
>>
>> E sobre o motivo polo que houbo este apoio masivo, non o sei. Supoño
>> que
>> había moita xente que identificou xa hai tempo a Debian como a distro
>> na
>> que lles gustaría involucrarse e non atopaban como, ou xente coma min
>> que
>> queren facer o que estea na súa man para que estea en galego, ou xente
>> que
>> simplemente pensa que a unión fai a forza... supoño que tamén haberá
>> a
>> típica xente que se engancha a toda canta iniciativa hai para despois
>> sacarlle proveito sen corresponsabilizarse nin revertir os beneficios na
>> comunidade... pois mira, que lles aproveite, eu son dos que opino que
>> esa
>> xente sempre acaba caendo polo seu proprio peso... e por que non merecen
>> outra cousa.
>>
>> Polo demais, súmome ao agradecemento polo traballo xa feito previamente
>> por outra xente, tanto na localización como no desenvolvemento,
>> mantemento, difusión, instalación, apoloxía, notificación de bugs...
>> hai
>> moitas áreas precisas para que unha distro debian poida funcionar en
>> galego, e a toda ela penso que é preciso recoñecerlles os méritos.
>> Jacobo
>> é dos que máis visibilizan o seu traballo, de xeito que sobran os
>> parabéns; a min preocúpame máis a xente que fai o seu traballo en
>> silencio
>> e dos que difícilmente nos enteramos que existen até que un día vemos
>> o
>> seu correo nun manual, ou nunha axuda... ou nunha mensaxe de erro, que
>> sempre axudan ;)
>>
>> Non quero extenderme máis; só amosar a miña disposición e a miña
>> vontade
>> de dispoñer de algo que polo momento non teño: unha distro Debian en
>> galego.
>>
>> Saudiños.
>>
>>
>>
>> dixo: Jacobo Tarrio
>> > El viernes,  5 de enero de 2007 a las 15:53:01 +0100, suso@riseup.net
>> > escribía:
>> >
>> >> 2. Que nos conte cómo ve él o tema.
>> >
>> >  Xa o dixen outras veces. As traducións das que sexa eu responsable
>> (en
>> > todo
>> > ou en parte) quero que sexan da máxima calidade (xa que non vou
>> recibir
>> > nada
>> > por todo isto, polo menos que o traballo sexa o mellor posible). O que
>> > pasa
>> > cando se traduce en grupo é que todos sabemos menos galego do que
>> > pensamos,
>> > polo que se estou nun grupo teño que me preocupar, ademáis de polos
>> meus
>> > erros, polos dos demáis. Xa estiven moi frustrado, e xa levei moito
>> > traballo
>> > inútil por iso, e non quero repetilo. Por iso quero eu traballar eu
>> só.
>> >
>> >  Agora que contei isto, gostaríame que me contarades como é que,
>> despois
>> > de
>> > que estiveramos algunhas persoas varios anos traballando na tradución
>> de
>> > Debian ao galego, de súpeto chega un montón de xente decidida a
>> montar
>> > todo
>> > o tinglado, comezando pola lista debian-l10n-galician, a toda présa,
>> e sen
>> > preguntar, nin avisar, nin nada.
>> >
>> >  Non é que vaia pór trabas nin obstaculizar (o único é que sabedes
>> que, no
>> > que traballo eu, teño que traballar eu só). Á fin e ó cabo, se eu
>> decidira
>> > deixar de traducir, todo o meu traballo ata agora segue aí, e
>> calquera
>> > pode
>> > usalo coma base para continuar, igual que se usou a tradución do
>> Firefox
>> > 1.5
>> > coma base para a do Firefox 2.0.
>> >
>> >  Xa vedes vaia chantaxe a miña: nin que se fora perder tanto se outro
>> > comezara a traducir debconf templates e eu parara. E tamén, vaia
>> monopolio
>> > o
>> > meu: o único que levei nestes anos por traducir tanto só foi unha
>> merda de
>> > camiseta, e para iso tívena que deseñar, encargar e pagar eu mesmo.
>> Vaia
>> > monopolio máis beneficioso...
>> >
>> >  Máis nada de momento.
>> >
>> > --
>> >    Jacobo Tarrío     |     http://jacobo.tarrio.org/
>> >
>> >
>> > --
>> > To UNSUBSCRIBE, email to debian-l10n-galician-request@lists.debian.org
>> > with a subject of "unsubscribe". Trouble? Contact
>> > listmaster@lists.debian.org
>> >
>> >
>>
>>
>> --
>> To UNSUBSCRIBE, email to debian-l10n-galician-request@lists.debian.org
>> with a subject of "unsubscribe". Trouble? Contact
>> listmaster@lists.debian.org
>>
>>
>



Reply to: