[Date Prev][Date Next] [Thread Prev][Thread Next] [Date Index] [Thread Index]

Re: Reenviando: [Jacobo Tarrío (era: Re: Fwd: Teño dúas dúbidas)]



Olá xentes,

Há ben tempo que non fago comunicados en listas alleas á da nosa
asociación, mais que nada polo que recibín a cambio non foron
precisamente repostas gratas. Porén, decídome a facelo agora para
*agradacer* o traballo de Jacobo (de feito varias veces tentei poñerme
en contacto e até inviteille sen éxito a participar nalgún dos eventos
nos que participei) e de moita máis xente, porque afortunadamente,
isto non é cousa dun senón de moitos.

A eses 'moitos' quero lembrar porque dispór de sw libre entre nós é
unha tarefa de moitos esforzos, ás veces anárquicos e minifundistas,
si, mais alomenos están a facer posible que nós comecemos a ser até un
referente para outros países, nacións ou estados. Alomenos a escea
estase a trocar fronte ao que había uns poucos anos atrás.

Alén de todo isto, gustaríame subliñar o feito de que é bo animar e
involucrar a toda a sociedade nestas tarefas. Há sitio para xente
tradutora, filóloga, deseñadora, reporteira, relatora, desenvolvedora
e un senfín de disciplinas máis. O que veña, benvido sexa e se é
efectivo, mellor!

Gustaríame tamén que nesa tarefa fósemos máis construtivos do que
adoitamos ser. Sempre hai quen procura non sei que pistas a un
'complot' obscuro ... sen pensar nos danos que pode ocasionar con tal
de semellar que "eu si son güai e os demais están para proveito
propio, menos mal que fun quen de descubrilo" (o algo así, supoño).
De feito, se as súas conclusións non se proban, despois non hai
entereza para dicir "errei, síntoo". Aínda estou danado por algúns
deses comentarios, abofé.

Propoño que animemos a construir e fagamos todos un esforzo
conciliador en todas as frontes que temos, non só a da localización.

Saúde,
Roberto



2007/1/6, Suso <suso@riseup.net>:
Pois vexo bastante razonabel o que comentas de por qué queres traballar
así; alomenos no sentido de que é o xeito que tí atopaches para
enfrentarte á ausencia dunha memória de tradución ou dalgún sistema de
validación terminolóxica que se encargue do tema da calidade.

A verdade é que resulta lamentabel o facto de non podermos dispoñer dun
acceso libre a recursos como o termigal por exemplo, xa que dise xeito o
tema da calidade, a lingüística polo menos, estaría en mans de quen ten o
coñecemento para facelo, que son os lingüistas, ou filólogos. E sabendo
que aínda por riba eses recursos existen e que son pagados con cartos
públicos a verdade é que cabrea.

Polo demais, eu só podo falar por min mesmo. Supoño que hai xente que
entende que a miña iniciativa pretende como tí dis "montar o tinglado" (ou
"outro" tiglado máis) e non se trata deso. Vale que todos estamos
fartos/as de ver peña cuxo único interese polo traballo dos demais é mirar
cómo apropiarse dil e sacar cuartos ou cotas de poder... vale. Pero é
moito máis sinxelo. Trátase de que son un usuario da debian, que levo
moitos anos tendo que recurrir a parches para ter o meu sistema en galego,
e que chegou un punto que me fartei. Podía escoller a vía de poñer a parir
a todo dios e montarme o meu chiringuito -práctica demasiado frecuente na
nosa terra- ou mirar cómo facer a miña aportación en positivo. Durante
istes anos puiden comprobar a eficacia de determinadas ferramentas como as
listas de distribución de correo para integrar os esforzos e a visión de
xente moi diversa de xeito e por iso vin clara a necesidade de dispoñer
dunha lista onde fora posible ver ao "outro" como un compañeiro e non como
un competidor, e que axudara a compatibilizar atitudes como a túa e
atitudes máis proclives ao traballo en equipo. Unha lista de correo sobre
o tema en Debian era a solución evidente, e simplemente me puxen mans á
obra, como un máis... evidentemente despois de varios anos de estar
escoitando as listas, de estudarme a documentación, e de abrir as orellas
en charlas ou conversas que falaban sobre o tema. Pero esta lista non é
miña, nin eu mando eiquí nada máis que calquera outro, nin me representa a
min, nin nada de iso. É unha ferramenta de traballo comunitaria e punto.
Da xente que estamos inscrita nela dependerá que funcione ou non.

E sobre o motivo polo que houbo este apoio masivo, non o sei. Supoño que
había moita xente que identificou xa hai tempo a Debian como a distro na
que lles gustaría involucrarse e non atopaban como, ou xente coma min que
queren facer o que estea na súa man para que estea en galego, ou xente que
simplemente pensa que a unión fai a forza... supoño que tamén haberá a
típica xente que se engancha a toda canta iniciativa hai para despois
sacarlle proveito sen corresponsabilizarse nin revertir os beneficios na
comunidade... pois mira, que lles aproveite, eu son dos que opino que esa
xente sempre acaba caendo polo seu proprio peso... e por que non merecen
outra cousa.

Polo demais, súmome ao agradecemento polo traballo xa feito previamente
por outra xente, tanto na localización como no desenvolvemento,
mantemento, difusión, instalación, apoloxía, notificación de bugs... hai
moitas áreas precisas para que unha distro debian poida funcionar en
galego, e a toda ela penso que é preciso recoñecerlles os méritos. Jacobo
é dos que máis visibilizan o seu traballo, de xeito que sobran os
parabéns; a min preocúpame máis a xente que fai o seu traballo en silencio
e dos que difícilmente nos enteramos que existen até que un día vemos o
seu correo nun manual, ou nunha axuda... ou nunha mensaxe de erro, que
sempre axudan ;)

Non quero extenderme máis; só amosar a miña disposición e a miña vontade
de dispoñer de algo que polo momento non teño: unha distro Debian en
galego.

Saudiños.



dixo: Jacobo Tarrio
> El viernes,  5 de enero de 2007 a las 15:53:01 +0100, suso@riseup.net
> escribía:
>
>> 2. Que nos conte cómo ve él o tema.
>
>  Xa o dixen outras veces. As traducións das que sexa eu responsable (en
> todo
> ou en parte) quero que sexan da máxima calidade (xa que non vou recibir
> nada
> por todo isto, polo menos que o traballo sexa o mellor posible). O que
> pasa
> cando se traduce en grupo é que todos sabemos menos galego do que
> pensamos,
> polo que se estou nun grupo teño que me preocupar, ademáis de polos meus
> erros, polos dos demáis. Xa estiven moi frustrado, e xa levei moito
> traballo
> inútil por iso, e non quero repetilo. Por iso quero eu traballar eu só.
>
>  Agora que contei isto, gostaríame que me contarades como é que, despois
> de
> que estiveramos algunhas persoas varios anos traballando na tradución de
> Debian ao galego, de súpeto chega un montón de xente decidida a montar
> todo
> o tinglado, comezando pola lista debian-l10n-galician, a toda présa, e sen
> preguntar, nin avisar, nin nada.
>
>  Non é que vaia pór trabas nin obstaculizar (o único é que sabedes que, no
> que traballo eu, teño que traballar eu só). Á fin e ó cabo, se eu decidira
> deixar de traducir, todo o meu traballo ata agora segue aí, e calquera
> pode
> usalo coma base para continuar, igual que se usou a tradución do Firefox
> 1.5
> coma base para a do Firefox 2.0.
>
>  Xa vedes vaia chantaxe a miña: nin que se fora perder tanto se outro
> comezara a traducir debconf templates e eu parara. E tamén, vaia monopolio
> o
> meu: o único que levei nestes anos por traducir tanto só foi unha merda de
> camiseta, e para iso tívena que deseñar, encargar e pagar eu mesmo. Vaia
> monopolio máis beneficioso...
>
>  Máis nada de momento.
>
> --
>    Jacobo Tarrío     |     http://jacobo.tarrio.org/
>
>
> --
> To UNSUBSCRIBE, email to debian-l10n-galician-request@lists.debian.org
> with a subject of "unsubscribe". Trouble? Contact
> listmaster@lists.debian.org
>
>


--
To UNSUBSCRIBE, email to debian-l10n-galician-request@lists.debian.org
with a subject of "unsubscribe". Trouble? Contact listmaster@lists.debian.org




--
Roberto Brenlla
www.agnix.org



Reply to: