[Date Prev][Date Next] [Thread Prev][Thread Next] [Date Index] [Thread Index]

Re: Reenviando: [[Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego] Nova ferramenta: Pootling]



O Mércores, 3 de Xaneiro de 2007 12:35, O Trox escribiu:
> Entón quere decirse que existe unha ferramenta independente de pootle
> chamada pootling? É q non atopo nengunha referencia na web, agás unha
> mención ao script: pootling.py que non sei se ten relación co editor
> offline do que falan en wordforge:

Si, é independente como código fonte no sentido de non comparten código 
directamente, pero forma parte do mesmo proxecto de desenvolvimento: 
wordforge, que desenvolve tres cousas principais: 
1-as translate-tools, que veñen sendo un conxunto de ferramentas para a liña 
de comandos que son un complementos das ferramentas de gettext, extendendo a 
súa funcionalidade tamén a outros formatos (xliff);
2-pootle, que é unha interface web para a tradución, que tira das 
translate-tools como infraestrutura,
3-finalmente, pootling, unha aplicación de escritorio para a tradución, que 
tira das translate-tools como infraestrutura.

Dentro do paquete pootling.tar.gz, que se pode obter desde a páxina de 
wordforge en sourceforge, está contido o ficheiro pootling.py, que é o "main" 
de tal programa. Consúltese o ficheiro README do paquete mencionado.

Recordemos que Pootle vai ser o futuro sistema oficial de tradución de debian, 
estando na actualidade en probas, baixo a dirección de Ch.Perrier.

-- 
Best regards
MV
><((((º> ¸.·´¯`·... ><((((º> ¸.·´¯`·...¸ ><((((º> ¸.·´¯`·...¸ ><((((º>
Public key available at www.keyserver.net
GPG Fingerprint: 8116 899E 61FD D983 AF80 FEDE 1CD8 1C9A 4B81 73AE

Attachment: pgpUuux0dU_bV.pgp
Description: PGP signature


Reply to: