[Date Prev][Date Next] [Thread Prev][Thread Next] [Date Index] [Thread Index]
Re: Please translate: Debian Stretch announcement
On 14/06/17 22:23, Ana Guerrero Lopez wrote:
On Mon, Jun 12, 2017 at 07:34:11PM +0200, Ana Guerrero Lopez wrote:
Hi,
I have just commited the release announcement for Stretch written
by the press and release teams:
https://anonscm.debian.org/cgit/publicity/announcements.git/diff/en/drafts/stretch-release.wml
The announcement is still open-for-edit, so please, take a look and report
back any problem. Also tell us if the list of updated software packages
is missing any important update.
The plan is froze the announcement in 48h on Wednesday 14 June at 17:30 UTC
so people can start translating.
I have frozen the announcement. Please translate! :)
https://anonscm.debian.org/cgit/publicity/announcements.git/tree/en/drafts/stretch-release.wml
Thank you,
Ana
Hello,
I can't push to the publicity repository, so please, find attached the Galician translation.
Thank you.
# Status: content-frozen
# $Id$
# $Rev$
<define-tag pagetitle>Publicado Debian 9 Stretch</define-tag>
<define-tag release_date>2017-06-17</define-tag>
#use wml::debian::news
## Translators should uncomment the following line and add their name
## Leaving translation at 1.1 is okay; that's the first version which will
## be added to Debian's webwml repository
#use wml::debian::translation-check translation="1.1" maintainer="Jorge Barreiro González"
Despois de 26 meses de desenvolvemento o proxecto Debian está orgulloso de
presentar a súa nova versión estábel 9 (nome en clave
Stretch), que
será mantida durante os próximos 5 anos grazas ao traballo combinado do
Debian.
Debian 9 está
ao fundador do proxecto, Ian Murdock, que finou o 28 de decembro de 2015.
A variante de MySQL utilizada por omisión en Stretch é agora MariaDB.
Durante a actualización os paquetes de MySQL 5.5 ou 5.6 serán substituídos
automaticamente polos de MariaDB 10.1.
Firefox e Thunderbird retornan a Debian coa publicación de Stretch,
e substitúen as versión sen marca Iceweasel e Icedove, que estiveron presentes
no arquivo durante máis de 10 anos.
Grazas ao proxecto de construcións reproducíbeis (Reproducible Builds project),
máis do 90% dos paquetes de código fonte incluídos en Debian 9 construirán
paquetes binarios idénticos bit a bit.
Esta característica é importante para a verificación dos paquetes e protexe
aos usuarios de intentos maliciosos de alterar compiladores e redes de
construción. En futuras versións de Debian incluiranse ferramentas e metadatos
para que os usuarios poidan validar a procedencia dos paquetes contidos no
arquivo.
Os administradores e aqueles que traballen en entornos de alta seguridade
sentiranse aliviados de saber que o sistema xestor de pantallas X xa non require
privilexios de root para executarse.
# translators: the gnupg paragraph is taken from the release notes
Stretch é a primeira versión de Debian en ofrecer unha rama
moderna de GnuPG no paquete gnupg.
Isto supón criptografía de curvas elípticas, mellores opcións por omisión,
unha arquitectura máis modular e unha mellora no uso de tarxetas intelixentes
(smartcards).
Continuarase a ofrecer a rama clásica de GnuPG como gnupg1 para a xente
que o precise, pero agora considérase obsoleto.
Os paquetes con información de depuración son agora máis doados de obter e usar
en Debian 9 Stretch. Un novo repositorio dbg-sym pode engadirse á
lista de fontes APT para fornecer símbolos de depuración automaticamente para
moitos dos paquetes.
O uso de UEFI (Unified Extensible Firmware Interface), que foi
introducido en Wheezy continúa a mellorarse en Stretch, que
permite instalar nun firmware UEFI de 32 bits con un núcleo de 64 bits. As
imaxes de Debian en vivo, como novidade, tamén permiten arrancar con UEFI.
Esta publicación inclúe numerosas actualizacións dos paquetes de software, como
por exemplo:
Apache 2.4.25
Asterisk 13.14.1
Chromium 59.0.3071.86
Firefox 45.9 (no paquete firefox-esr)
GIMP 2.8.18
unha versión actualizada do contorno de escritorio GNOME 3.22
GNU Compiler Collection 6.3
GnuPG 2.1
Golang 1.7
KDE Frameworks 5.28, KDE Plasma 5.8 e KDE Applications 16.08 e 16.04 para os compoñentes PIM
LibreOffice 5.2
Linux 4.9
MariaDB 10.1
MATE 1.16
OpenJDK 8
Perl 5.24
PHP 7.0
PostgreSQL 9.6
Python 2.7.13 e 3.5.3
Ruby 2.3
Samba 4.5
systemd 232
Thunderbird 45.8
Tomcat 8.5
Xen Hypervisor
o contorno de escritorio Xfce 4.12
máis de 51.000 outros paquetes de software listos para usar, construídos a
partir de máis de 25.000 paquetes de código fonte.
Con esta ampla selección de paquetes e o seu tradicionalmente amplo abanico de
arquitecturas dispoñíbeis, Debian mantense unha vez máis firme no seu obxectivo
de ser o sistema operativo universal. Adáptase a unha gran cantidade de casos de
uso distintos: desde sistemas de escritorio a portátiles, desde servidores de
desenvolvemento a sistemas en clúster e servidores de base de datos, web ou
de almacenamento. Ã? mesmo tempo, esforzos extra no control da calidade como
as instalacións automáticas e as probas de actualización para todos os paquetes
no arquivo de Debian garanten que Stretch cumpre coas altas expectativas
que os usuarios teñen unha versión estábel de Debian.
Pódense usar un total de 10 arquitecturas:
64-bit PC / Intel EM64T / x86-64 (amd64),
32-bit PC / Intel IA-32 (i386),
64-bit little-endian Motorola/IBM PowerPC (ppc64el),
64-bit IBM S/390 (s390x),
para ARM, armel
e armhf para o hardware de 32 bits antigo e máis recente, respectivamente,
máis arm64 para a arquitectura AArch64 de 64 bits,
e para MIPS, ademais do mips (big-endian) e mipsel
(little-endian) de 32 bits, hai unha nova arquitectura mips64el
para o hardware little-endian de 64 bits.
O Motorola/IBM PowerPC (powerpc) xa non se pode usar en
Stretch.
Quere probalo?
Se só quere probar Debian 9 Stretch sen instalalo, pode usar unha das
imaxes en vivo dispoñíbeis, que cargan e executan o sistema operativo completo
en modo de só lectura usando a memoria do seu computador. Se lle gusta o
sistema operativo ten a opción de instalalo desde a imaxe en vivo ó disco duro
do seu computador. A imaxe en vivo está dispoñíbel para CD, memorias USB e
arrinque desde a rede. Inicialmente ofrécense estas imaxes só para as
arquitecturas amd64 e i386. Hai máis información
instalación en vivo do sitio web de Debian.
Se escolle instalar Debian 9 Stretch directamente no disco duro do seu
computador, poderá escoller entre unha variedade de medios de instalación
como discos Blu-ray, DVD, CD, memorias USB ou a través dunha rede interna.
Pode instalar diferentes contornos de escritorio — GNOME, KDE Plasma
Desktop e Applications, LXDE e Xfce — usando estas imaxes, escollendo a
súa preferencia desde os menús de arranque dos medios de instalación.
Ademais, están dispoñíbeis CDs e DVDs multiarquitectura que permiten instalar
en diferentes arquitecturas desde un único disco. Ou pode crear un medio de
instalación USB arrancábel (consulte a guía de instalación
para obter máis información). Para os usuarios da nube, Debian tamén ofrece
OpenStack preconstruidas para as arquitecturas amd64 e
arm64, listas para usar.
Debian pode ser instalado en 75 idiomas, a maioría dos cales está dispoñíbeis
tanto desde unha interface de usuario baseada en texto como desde unha
interface gráfica.
As imaxes de instalación poden descargarse agora mesmo usando
bittorrent (método recomendado),
jigdo ou
HTTP; consulte a sección
Debian en CDs para obter máis información.
Stretch pronto estará dispoñíbel en discos DVD, CD-ROM, e Blu-ray
físicos a través de numerosos vendedores.
Actualizando Debian
As actualizacións a Debian 9 desde a versión anterior, Debian 8 (co nome en
clave Jessie) poden xestionarse automaticamente coa ferramenta de xestión
de paquetes apt-get para a maioría das configuracións. Como sempre, os sistemas
Debian poden ser actualizados sen contratempos, no lugar e sen paradas forzosos,
pero recoméndase encarecidamente ler as notas da publicación
así como a guía de instalación
para prever posíbeis problemas e para obter instrucións detalladas sobre a
instalación e a actualización. As notas da publicación seguiranse mellorando e
traducindo a idiomas adicionais durante as semanas seguintes á publicación.
Sobre Debian
Debian é un sistema operativo aberto, desenvolvido por centos de voluntarios
de todo o mundo que colaboran a través de internet. As chaves da fortaleza do
proxecto Debian son a súa base de voluntarios, a súa dedicación ao contrato
social de Debian e ao software libre e a súa vontade de fornecer o mellor
sistema operativo posíbel. Esta nova versión é outro importante paso nesa
dirección.
Información de contacto
Para obter máis información, por favor, visite o sitio web de Debian en
https://www.debian.org/ ou envíe un correo electrónico a
Reply to: