[Date Prev][Date Next] [Thread Prev][Thread Next] [Date Index] [Thread Index]

Re: DDTP - Ubuntu



2014-04-11 13:51 GMT+02:00 Jorge Barreiro <yortx.barry@gmail.com>:
>
> O Luns, 7 de Abril de 2014 22:51:27 Xosé escribiu:
>> O día 17 de abril publícase a Ubuntu 14.04. Nos últimos meses
>> dediqueime case en exclusiva a traducir as descricións de paquetes
>> (DDTP, https://translations.launchpad.net/ddtp-ubuntu/trusty/+lang/gl
>> ). Aumentei o número en varios miles (realmente non sei cantos porque
>> as traducións fóronse incluíndo nas edicións anteriores); motivoume o
>> feito de que cando animo alguén a que busque software para algo
>> específico as descricións están en inglés e, se xa lle teñen medo ao
>> software descoñecido, máis se non entenden para que vale. Por pouco
>> pero estamos na sétima posición, aínda que as case 20.000 cadeas que
>> van traducidas (non só por min, eh!) só representan o 20% do total.
>>
>> Preferiría ter feito estas traducións en Debian pero, como comentei
>> nun fío anterior, non fun quen de abrir unha conta. Un comentario de
>> estilo: as traducións comezan con maiúscula independentemente de como
>> estean no orixinal, coa excepción de que a primeira palabra sexa unha
>> orde ou un nome de programa que comece por minúscula. Isto débese a
>> que os orixinais nótase que foron obtidos por medios semi-automáticos
>> e non son coherentes neste sentido. As traducións, si.
>>
>> Non sei como facer coas memorias de tradución; non sei se se inclúen
>> na memoria de Ubuntu 14.04 ou non. Penso que non pero non as vin entre
>> as memorias de tradución anteriores. Non son tan útiles como outras:
>> non hai tantos Quit/Save as/OK e si moitas cadeas que varían por pouco
>> pero que hai que traducir á man.
>>
>> Quen podería...
>>
>> 1) Aproveitar estas traducións e pasalas a Debian?
>>
>> 2) Facer o mesmo para o que sexa equivalente en rpm?
>>
>> Xosé
>
> Boas,
>
> o tema do DDTP en Debian está bastante precario. Por algún tema de
> configuración do servidor de correo que usan, a algunhas contas non chegan as
> mensaxes. Eu probei cunha conta de hotmail e nunca chegou nada, pero si con
> gmail.
>
> De todas formas as opcións que se ofrecen por un lado é unha interface web
> bastante cativa, e a opción de recibir e enviar traducións por correo, usando
> un determinado formato. Esta última opción resulta máis interesante, porque
> permitiría traducir en local usando a ferramenta que se prefira, e crear algún
> script que facilite o traballo, ou importar automaticamente desde as
> traducións de ubuntu.
>
> Que eu saiba, ubuntu importa periodicamente as traducións do DDTP de Debian,
> machacando as traducións existentes en ubuntu en caso de conflito. En sentido
> contrario non teño noticia de que haxa nada.
>
> Vou consultar nas listas de Debian, a ver se hai algo. Se non, podo tratar de
> facer un script que pase as traducións a Debian usando a interface de correos.
> Supoño que as licenzas das traducións en ubuntu o permiten sen problemas, non?

En calquera caso o tradutor, Xosé, pode pasarche os orixinais, así que
problema nese sentido non ha haber.

Vou probar a crear unha memoria para estas traducións. Así quedan
gardadiñas para o futuro.

Deica


Reply to: