[Date Prev][Date Next] [Thread Prev][Thread Next] [Date Index] [Thread Index]

Re: DDTP - Ubuntu



O Luns, 7 de Abril de 2014 22:51:27 Xosé escribiu:
> O día 17 de abril publícase a Ubuntu 14.04. Nos últimos meses
> dediqueime case en exclusiva a traducir as descricións de paquetes
> (DDTP, https://translations.launchpad.net/ddtp-ubuntu/trusty/+lang/gl
> ). Aumentei o número en varios miles (realmente non sei cantos porque
> as traducións fóronse incluíndo nas edicións anteriores); motivoume o
> feito de que cando animo alguén a que busque software para algo
> específico as descricións están en inglés e, se xa lle teñen medo ao
> software descoñecido, máis se non entenden para que vale. Por pouco
> pero estamos na sétima posición, aínda que as case 20.000 cadeas que
> van traducidas (non só por min, eh!) só representan o 20% do total.
> 
> Preferiría ter feito estas traducións en Debian pero, como comentei
> nun fío anterior, non fun quen de abrir unha conta. Un comentario de
> estilo: as traducións comezan con maiúscula independentemente de como
> estean no orixinal, coa excepción de que a primeira palabra sexa unha
> orde ou un nome de programa que comece por minúscula. Isto débese a
> que os orixinais nótase que foron obtidos por medios semi-automáticos
> e non son coherentes neste sentido. As traducións, si.
> 
> Non sei como facer coas memorias de tradución; non sei se se inclúen
> na memoria de Ubuntu 14.04 ou non. Penso que non pero non as vin entre
> as memorias de tradución anteriores. Non son tan útiles como outras:
> non hai tantos Quit/Save as/OK e si moitas cadeas que varían por pouco
> pero que hai que traducir á man.
> 
> Quen podería...
> 
> 1) Aproveitar estas traducións e pasalas a Debian?
> 
> 2) Facer o mesmo para o que sexa equivalente en rpm?
> 
> Xosé

Boas,

o tema do DDTP en Debian está bastante precario. Por algún tema de 
configuración do servidor de correo que usan, a algunhas contas non chegan as 
mensaxes. Eu probei cunha conta de hotmail e nunca chegou nada, pero si con 
gmail.

De todas formas as opcións que se ofrecen por un lado é unha interface web 
bastante cativa, e a opción de recibir e enviar traducións por correo, usando 
un determinado formato. Esta última opción resulta máis interesante, porque 
permitiría traducir en local usando a ferramenta que se prefira, e crear algún 
script que facilite o traballo, ou importar automaticamente desde as 
traducións de ubuntu.

Que eu saiba, ubuntu importa periodicamente as traducións do DDTP de Debian, 
machacando as traducións existentes en ubuntu en caso de conflito. En sentido 
contrario non teño noticia de que haxa nada.

Vou consultar nas listas de Debian, a ver se hai algo. Se non, podo tratar de 
facer un script que pase as traducións a Debian usando a interface de correos. 
Supoño que as licenzas das traducións en ubuntu o permiten sen problemas, non?


Saúdos.


Reply to: