[Date Prev][Date Next] [Thread Prev][Thread Next] [Date Index] [Thread Index]

[LCFC] po-debconf://console-setup



Volvo ás andadas, ningún cambio aquí desde os últimos comentarios.

O Mércores, 20 de Xullo de 2011 08:11:00 Miguel Bouzada escribiu:
> Sobre «Latin»
> Entendo pode ter dous ámbitos de aplicación:
>           Latín (ou latino) fronte a saxón, cirílico, árabe, chinés, 
> etc...
> 
>           Referíndose ao esquema Latino-americano (Latam) que é unha
> variante de "keyboard layout" para toda Centro e Sur América (ata hai pouco
> era o tipo de teclado que se comercializaba maioritariamente nesas terras)
> http://en.wikipedia.org/wiki/Keyboard_layout
> 
> Respecto de «Compose» é unha tecla que hoxe xa só emprega Mac [a da mazá] e
> algún outro tecládo moi específico como os das WorkStations de Sun e que eu
> sempre a vin referida sen traducir (agás algunha rara vez en castelán como
> Composición)
> http://en.wikipedia.org/wiki/Compose_key
> En Linux hai certa tendencia a chamarlle »Multy_key»
> http://www.linuxhowtos.org/Tips%20and%20Tricks/compose.htm
> xa que esa tecla ven sendo a suma de Shift+AltGr
> https://help.ubuntu.com/community/ComposeKey
> 
> Respecto de «Menu» teño idea de que tamén a vin referida sempre con ese
> nome (Menú)
> 
> Respecto de «Logo» en todos os manuais de Xorg, etc... refirense a ela como
> «Super» (Super_L e Super_R) e é como o estou a aplicar eu (Súper), aínda
> que o de «Tecla [de] (L)logo[tipo]» non me parece mala escolla.
> http://unix.stackexchange.com/questions/13369/how-to-remap-the-context-menu
> -key-to-the-super-key
> 
> Aquí verás que lle chaman «super-key»: http://wiki.debian.org/Compiz
> 
> Sobre o de esquema fonético, despois de ler un chisco na wikipedia penso
> que o «esquema fonético» refirese á: realizar unha transliteración
> (grafémica) ou transcrición (fonética)
> http://es.wikipedia.org/wiki/Idioma_b%C3%BAlgaro#Consonantes
> http://es.wikipedia.org/wiki/Transcripci%C3%B3n_fon%C3%A9tica_del_b%C3%BAlg
> aro_y_macedonio_con_el_AFI Buscando relacións en documentos, teses, etc.
> sempre se emprega a forma idiomática do texto para traducir/empregar a
> expresión « esquema fonético/a»
> 
> 
> 2011/7/19 Jorge Barreiro <yortx.barry@gmail.com>
> 
> > Boas,
> > 
> > gracias pola revisión. Vai a miña réplica baixo cada comentario.
> > 
> > O Domingo, 17 de Xullo de 2011 09:52:29 escribiches:
> > > as miñas observacións:
> > > 
> > > =============================
> > > ordenador → computador
> > 
> > Supoño que esta observación, así como outras que me fas, veñen de acordos
> > como
> > os das trasnadas. Tratei de usar o Glósima para ver cal era a tradución
> > preferida, pero salvo o glosario «trasnada2», todos están en «discusión»
> > e non
> > me aportan nada. Onde podo atopar a información das decisións anteriores?
> > 
> > > mudar → cambiar
> > > *****change
> > > 
> > >     + Decisión:
> > >         cambiar, cambio
> > >     
> > >     + Razóns:
> > >         Hai que uniformidade, polo que se escolle esta e non trocar,
> > 
> > mudar
> > 
> > > ou modificar, que poderían ser válidas.
> > > 
> > > linguaxe → idioma
> > 
> > acéptoas e anótomas
> > 
> > > framebuffer → ou entrecomiñado ou transliterado framebúfer (?)
> > 
> > gústame a idea de transliterar pero...
> > neste caso habería que escribilo como se le, non? freimbúfer ou algo así?
> > 
> > vouno deixar entrecomiñado mentres non haxa outro acordo.
> > 
> > > Inconsistencia de criterio →    Tecla de maiúsculas dereita
> > > 
> > >                 Tecla Control esquerda+Tecla Maiúsculas esquerda
> > > 
> > > revisar este criterio a partires da liña 498, dáse tamén na liña 695
> > > 
> > > Sobre os nomes das teclas:
> > >     acordo da última Trasnada
> > > 
> > > *****Nomes das teclas, en maiúsculas ou só a primeira letra:
> > > «TAB»/«Tab»?
> > > 
> > >     + Decisión:
> > >         1) Prefírese maiúscula inicial, sen punto.
> > >         2) Hai que elaborar unha listaxe de nomes de teclas e solicitar
> > 
> > que
> > 
> > > a RAG ditamine cales son os apropiados.
> > > 
> > >     + Razóns:
> > >         Convénse en que os nomes das teclas funcionan como símbolos:
> > >         non
> > > 
> > > son nomes e non son abreviaturas (neste caso deberían levar punto ao
> > > final). Hai dúbidas.
> > > 
> > > Desexa usar Control+Alt+Backspace para abortar o servidor X? →
> > > Backspace
> > 
> > ??
> > 
> > > Documento de google no que recollo para discusión o material da páxina
> > > http://softwarelibre.udc.es/GuiaEstilo#anexo-1-nome-das-teclas
> > 
> > https://spreadsheets.google.com/spreadsheet/ccc?key=0AgmpXiwhx9ZjdEdJU21Y
> > aG
> > 
> > > twak41b0ZsYjc1aVoyWEE&hl=es#gid=0
> > 
> > O certo é que ao quedar un pouco no aire o acordo sobre os nomes das
> > teclas,
> > pasei delas e deixeinas como estaban. Pero o documento que me pasas está
> > bastante claro, así que vouno a aplicar.
> > 
> > Quédanme as seguintes:
> > - a tecla Compose seguirase chamando Compose, xa que a descoñezo e non
> > está no
> > listado.
> > - a tecla Menú tampouco está no listado, é a que funciona normalmente
> > como o
> > botón dereito do rato e saca o menú contextual, quédalle Menú como nome.
> > - a tecla que aquí chaman Logo, voulle seguir chamando Logo. A opción que
> > da o
> > listado é a «tecla do Windows», nome que non me gusta moito e ademáis en
> > algúns teclados non é así (o eeepc ten unha casiña, por exemplo).
> > 
> > > Latin → Latín → Latino/a ?
> > 
> > Aquí teño as miñas dúbidas. Deixei Latin en tódolos sitios onde fai
> > referencia
> > á disposición de teclado estándar (a americana), asumindo que Latin é o
> > nome
> > propio de esta disposición de teclado. O certo é que non atopei ningunha
> > lista
> > de disposicións de teclado que lle dea nomes propios, pero chamarlle
> > disposición de teclado latina pode resultar confuso, sobre todo para un
> > galego
> > falante que ha considerar que ten un teclado bastante latino.
> > 
> > Acabo de comprobar as traducións en outros idiomas e o castelán ou o
> > francés
> > optaron por traducir latino/a, e os portugueses parece que tiveron a
> > mesma idea ca min.
> > 
> > Eu, persoalmente, optaría incluso por afastarnos algo do texto orixinal e
> > traducir simplemente: disposición de teclado estándar.
> > 
> > > pulsacións de teclas coma unha combinación
> > > Control+punto coma tecla Compose.
> > > 
> > >      → como
> > 
> > http://www.digalego.com/diccionario/Html/muestra_palabra_utf.php?op=ver&b
> > us
> > 
> > > cado=coma coma
> > > conx Une dous elementos entre os que se establece unha comparación de
> > > igualdade. OBS: Só pode utilizarse cando a expresión ten valor
> > 
> > comparativo
> > 
> > > e non modal.
> > 
> > De estas había unhas cantas.
> > 
> > > Abortar → aínda non hai unha decisión, mais todo o mundo indica como
> > > preferencia → interromper, cancelar
> > 
> > Non me acaban de convencer as alternativas por xenéricas. Matar está
> > completamente descartado?
> > 
> > > American English → Americano (a secas) ?? → Inglés americano (ou dos
> > > EUA)
> > > 
> > > Búlgaro (esquema phonetic) esquema fonético?
> > 
> > Parece ser o nome do esquema. Algúns idiomas traducírono, outros non.
> > Esta é a tradución en Búlgaro:
> > msgstr "Българска (подредба phonetic)"
> > 
> > > Canadian French → Francés (Canadá) → Francés do Canadá ? → o mesmo co
> > > suízo...
> > > 
> > > Ollo co criterio, unificar cos () no caso do Inglés americano
> > 
> > van sen parénteses, que en esta lista se están usando para precisar
> > esquemas.
> > 
> > > ===================================
> > > 
> > > 
> > > 2011/7/15 Jorge Barreiro <yortx.barry@gmail.com>
> > > 
> > > > Boas,
> > > > 
> > > > envío isto aquí antes de mandalo para que lle botedes un ollo, quen
> > 
> > teña
> > 
> > > > tempo. Non só cambiei as cadeas novas, fixen unha revisión xeral.
> > > > 
> > > > Espero comentarios.
> > > > 
> > > > Saúdos!
> > 
> > Anexo a nova versión.
> > 
> > Saúdos.


Reply to: