[Date Prev][Date Next] [Thread Prev][Thread Next] [Date Index] [Thread Index]

Re: Reenviando: [Jacobo Tarrío (era: Re: Fwd: Teño dúas dúbidas)]



boas, jacobo,e todos

comprendo que, como lle pasa a todo o mundo, a experiencia das cousas
vividas marca a percepcion das novidades, pero penso que se queremos
que debian e o software libre saia adiante temos que ver formas de
atraer a xente nova ao traballo voluntario.

e actitudes de "eu vou por libre porque estou queimado" non creo que
faciliten que moita xente que podia estar axudando, o faga.

para exemplo, o caso de rosetta, ou o do trebello de mancomun, que
estan a conseguir aportacions de usuarios non tecnicos cunha
velocidade ata o de agora nunca vista.

a calidade é básica. obviamente.

sobre as persoas que estivestes varios anos traballando na traduccion
de debian, so podo decir unha cousa: moitas gracias.

e sobre as motivacions de suso, non chas podo decir, porque non chas sei.

un placer poder falar con xente tan destacada e que tanto[1] e tan bo
fixo polo software libre na nosa lingua, e amosarvos o meu
agradecemento.

saude!

[1] http://www.debian.org/international/l10n/po/gl

On 1/6/07, Jacobo Tarrio <jtarrio@trasno.net> wrote:
El viernes,  5 de enero de 2007 a las 15:53:01 +0100, suso@riseup.net escribía:

> 2. Que nos conte cómo ve él o tema.

 Xa o dixen outras veces. As traducións das que sexa eu responsable (en todo
ou en parte) quero que sexan da máxima calidade (xa que non vou recibir nada
por todo isto, polo menos que o traballo sexa o mellor posible). O que pasa
cando se traduce en grupo é que todos sabemos menos galego do que pensamos,
polo que se estou nun grupo teño que me preocupar, ademáis de polos meus
erros, polos dos demáis. Xa estiven moi frustrado, e xa levei moito traballo
inútil por iso, e non quero repetilo. Por iso quero eu traballar eu só.

 Agora que contei isto, gostaríame que me contarades como é que, despois de
que estiveramos algunhas persoas varios anos traballando na tradución de
Debian ao galego, de súpeto chega un montón de xente decidida a montar todo
o tinglado, comezando pola lista debian-l10n-galician, a toda présa, e sen
preguntar, nin avisar, nin nada.

 Non é que vaia pór trabas nin obstaculizar (o único é que sabedes que, no
que traballo eu, teño que traballar eu só). Á fin e ó cabo, se eu decidira
deixar de traducir, todo o meu traballo ata agora segue aí, e calquera pode
usalo coma base para continuar, igual que se usou a tradución do Firefox 1.5
coma base para a do Firefox 2.0.

 Xa vedes vaia chantaxe a miña: nin que se fora perder tanto se outro
comezara a traducir debconf templates e eu parara. E tamén, vaia monopolio o
meu: o único que levei nestes anos por traducir tanto só foi unha merda de
camiseta, e para iso tívena que deseñar, encargar e pagar eu mesmo. Vaia
monopolio máis beneficioso...

 Máis nada de momento.

--
   Jacobo Tarrío     |     http://jacobo.tarrio.org/


--
To UNSUBSCRIBE, email to debian-l10n-galician-request@lists.debian.org
with a subject of "unsubscribe". Trouble? Contact listmaster@lists.debian.org




--
-----------------------------------------------------------
Pedro Silva Franco
-----------------------------------------------------------
tfno: [+34 610 275 993]
email: [goretoxo@gmail.com]
-----------------------------------------------------------



Reply to: