[Date Prev][Date Next] [Thread Prev][Thread Next] [Date Index] [Thread Index]

Re: Olá



mvillarino escrebeu:
> Olá,
> como nos organizamos?
> -- 

Pola miña parte o que estou a facer é difundir a nova de creación da
lista para darlle tempo á xente interesada en apuntarse a ela: por unha
parte por que hai xente que leva traballando bastante tempo no tema e 
penso que compre manter unha consideración cara ela, e por outra por que
debido aos cristos que houbo nos últimos anos haberá xente que teña
dúbidas e queira resolvelas antes de se decidir a participar ou non.
Ademais hai proxectos irmáns cos que poderían xurdir vías de colaboración
que sempre están ben para xenerar sinerxías e reducir o consumo de
recursos que cando son compartillados optimizan o seu uso.

Mais eso non impide que os que xa estemos vaiamos compartindo a nosa
experiéncia; polo que podo ver, tí colaboras na tradución de KDE non? Eu
recopilei algo de info que deixei eiquí:

http://lists.debian.org/debian-l10n-galician/2006/12/msg00001.html

e agradecíache imenso que lle botaras unha vista de ollos a ver qué che
parece.

Apertas, e benvido :)



Reply to: