[Date Prev][Date Next] [Thread Prev][Thread Next] [Date Index] [Thread Index]

Conseguido! Xa temos lista para Debian en galego.



Boas,

Este correo é só para avisarte de que finalmente foi creada e xa está
operativa a lista para localización ao galego da Debian.

As personas que apoiastes a creación desta lista recibiredes unha
mensaxe de confirmación para participar nela: só tedes que respostar ao
correo que vos chegará nuns momentos, sen modificar o asunto da mensaxe.

Unha aperta, graciñas polo voso apoio e xa que estamos, que entredes con
bon pé no ano 2007! :)

PS: Van todas as direccións en Cc; sei que non é un bó costume, mais por
esta vez desculpádeme.



Reply to: