[Date Prev][Date Next] [Thread Prev][Thread Next] [Date Index] [Thread Index]

RTFM, l10n, i18n (e outras herbas)



Boas. Este correo foi escrito para axudarte en caso de que amoses
dificuldades cos conceitos básicos que manexamos. Se alguén te mandou
eiquí como resposta á túa pergunta, non te enfades (aínda). Bótalle un
vistazo á documentación e despois seguimos falando.

===============
== 1. Acrónimos básicos (RTFM, l10n, i18n)
== 2. Documentación sobre i18n
== 3. Documentación sobre Debian
=========

1. Acrónimos básicos (RTFM, l10n, i18n)
---------------------------------------

RTFM significa Read The Fucking Manual (léete o fodido manual). Adoitaba
ser a resposta 'por defecto' para quen perguntaba nun newsgroup adicado 
a unha determinada aplicación cómo resolver algo que estaba descrito no
seu manual. Iso pasou despois ás listas de distribución de correo, como
esta mesma, e actualmente dinche máis ben que lle perguntes a gugel, que
é outro xeito de decirche que investigues tí primeiro antes de
perguntar.

Se estás nesta lista, é por que estás interesada na localización da
Debian ao galego. A lista chámase l10n como resultado de coller e
a primeira e última letras da palabra "localización" en inglés,
situando entre elas o cardinal das restantes (10). Do mesmo xeito, obtense
"i18n", que procede de "internacionalización". 

2. Documentación básica sobre i18n
----------------------------------

Bótalle un vistazo a este documento (está sen terminar e só en inglés,
pero é a referéncia básica):

http://www.debian.org/doc/devel-manuals#i18n

Ademais resultarache útil visitar as webs dos grupos máis activos nesta
materia. Por exemplo, atoparás recursos e información interesante na web
de Trasno:

http://www.trasno.net/trasno:recursos

e tamén na de Mancomún:

http://www.mancomun.org/index.php/component/option,com_content/task,view/id,527/Itemid,115/

Na web da Ciberirmandade atoparás entre cousas un foro que pode
resultar moi útil:

http://www.ciberirmandade.org/foros/

Se o que queres é poñerte a traducir xa sen máis complicacións, entón
podes facelo en calquera destes dous sitios que teñen un sistema moi
similar:

http://www.ciberirmandade.org/traduCIF/main.php
http://www.mancomun.org/entrans/main.php

Ou ben facelo na túa própria máquina, seguindo estas indicacións:

http://www.trasno.net/trasno:docu



3. Documentación sobre Debian
-----------------------------

No referido ao Proxecto Debian, hai moita documentación xa escrita senón
en galego, sí en portugués e tamén en español. En xeral, é posibel acceder
á documentación sobre o proxecto Debian en portugués, só haberá que ter en
conta isto:

http://www.debian.org/intro/cn.pt.html

A documentación está accesibel dende eiquí:

http://www.debian.org/doc/ e concretamente:
http://www.debian.org/doc/ddp

Estaría ben comezares por ler o que a Debian é:

http://www.debian.org/intro/about

e tamén botarlle un vistazo á Breve Historia de Debian:

http://www.debian.org/doc/manuals/project-history/index.pt.html

e seguro que a maior parte das respostas ás dúbidas máis frecuentes
estarán eiquí:

http://www.debian.org/doc/manuals/debian-faq/index.pt-br.html

Se queres aprofundar, podes internarte no Debian Policy Manual:

http://www.debian.org/doc/devel-manuals#policy


---
Fomos quedando sós, o mar o barco e mais nós.
- Manuel Antonio.



Reply to: