[Date Prev][Date Next] [Thread Prev][Thread Next] [Date Index] [Thread Index]

Re: [G11n] New version of the coordination pages (pseudo-urls)



En todo caso, quen está interesado en colaborar na tradución de
debian? Como di Jacobo ninguén, polo menos que eu coñeza.

Todos sabemos da gran escaseza de tradutores que temos. Os proxectos
que xa hai non paran de incorporar novas cadeas e cambiarnos parte das
que xa habia, cada vez hai máis proxectos novos e non damos abasto.

Non todos os tradutores novos que hai en Rosetta traducen algo, e dos
que traducen moi poucos fan traducións minimamente boas, non nos
enganemos. Ademais boa parte deles hao deixar en menos dun ano. Se
contamos realmente ós que traducen en Rosetta dubido que xuntemos unha
ducia. No Proxecto Trasno somos máis. Por outra parte somos menos
visibles, pero iso non quere dicir que non traballemos.

De feito Debian é a segunda distro con mellor nivel de tradución, por
detrás de Mandriva (non conto a Ubuntu e derivadas porque realmente
non sei que parte é da distro e cal non). Nestes dous proxectos de
tradución hai un só tradutor porque non apareceron persoas dispostas a
colaborar máis aló de cen ou duascentas cadeas ou nin sequera
mostraron máis interese que en saber como se traduce, e en canto saben
que non é tan fácil coma Rosetta fuxen coma se o demo os perseguira.
Así que non nos enganemos, se hai un só é porque normalmente ninguén
máis quere colaborar.

Ademais as traducións de Rosetta só reverten en Ubuntu e derivados,
non na comunidade real. Así é que Felipe intenta que se integren con
Trasno, e só uns poucos o fan. Outro conto é o que lin de Transifex, o
novo proxecto de Fedora http://www.0xdeadbeef.com/weblog/?p=298

Penso dende hai anos que o Proxecto Trasno teria que ser o que é a
idea de Transifex. A unificación dos diferentes proxectos de tradución
nun único sitio, pero con envio directo dos resultados ós repositorios
oficiais de forma transparente. Pode ser ciencia ficción, pero é o
futuro e está máis preto do que todos cremos.

Chamarémoslles veteranos en vez de vacas sagradas, Marce.

Ata logo,
                      Leandro Regueiro

Reply to: