[Date Prev][Date Next] [Thread Prev][Thread Next] [Date Index] [Thread Index]

[Fwd: [Galician] Sobre o encontro de hoxe na XGN]



k rule...


---------------------------- Original Message ----------------------------
Subject: [Galician] Sobre o encontro de hoxe na XGN
From:    "Leandro Regueiro" <leandro.regueiro@gmail.com>
Date:    Sat, March 15, 2008 22:47
To:      mancomun@www.mancomun.org
         "ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego"
<ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego@mancomun.org>
         "Lista de Galego21" <g21-xeral@yahoogroups.com>
         "Lista de traduccion de Ubuntu" <ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com>
         "Mozdev - Lista de traduccion de Mozilla" <galician@mozdev.org>
         "Trasno - Lista" <proxecto@trasno.net>
--------------------------------------------------------------------------

Ola a tod@s.

Diríxome a tódalas listas de correo sobre tradución de software libre
ó galego que coñezo para comentar o acontecido hoxe no relatorio sobre
localización de SL ó galego de hoxe na XGN.

Por unha casualidade do destino ou por pura casualidade sen máis, hoxe
non se asistiu moita xente, polo que dun xeito ou doutro ó final este
relatorio converteuse máis ben nunha discusión sobre cal será o futuro
da localización de SL, deficiencias das ferramentas e dos métodos,
carencias de organización na tradución e un relativamente longo
etcétera (perdoade que non me espalle máis, pero é que xa estou medio
para aló, dous días na XGN e xa se sabe)...

� final chegouse a un acordo sobre que estas cuestións e outras que
puideran xurdir máis adiante, deberían ser discutidas polo maior
número posible de persoas involucradas na localización ó galego do SL.
Polo tanto esta mensaxe é un chamamento para todos vós, para intentar
concretar unha data e un lugar convenientes para levar a cabo un
debate máis polo miúdo.

Debido a que se todos respondemos a listas diferentes se van crear
varias discusións paralelas, será aconsellable enviar tódalas
respostas a unha única lista, por exemplo a
ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego@mancomun.org

Ata logo,
                   Leandro Regueiro
_______________________________________________
Galician mailing list
Galician@mozdev.org
https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician


-- 
http://susinho.pagina.de/


Reply to: