Boas, Estou a empregar o Iceweasel 2.0.0.1 nunha testing. Para quen non estea ao tanto, o Iceweasel é o Firefox cambiado de nome [1]. Como nos repositórios oficiais non temos un paquete de localización para o galego, instalei o complemento do Firefox para galego de mancomun.org [2]. Funciona perfectamente; porén hoxe fixo unha comprobación de versións dos complementos instalados, e non atopou concordáncia neste paquete tal como podedes apreciar nas fotos que xunto [3] Tras o chequeo todo continúa funcionando perfectamente en galego. Supoño que haberá xeito de deshabilitar esas comprobacións nas preferéncias do Iceweasel, pero para un usuário/a normal, isa mensaxe é un incordio. Cousas parecidas téñenme pasado coa tradución do OpenOffice ao galego: e tamén niste caso poderíamos facerlle a vida máis fácil á xente que usa Debian se dispuxeramos dun paquete openoffice.org-l10n-gl. O mesmo co Icedove (Thunderbird) e supoño que así seguirá sucedendo con outras aplicacións que están a ser traducidas. Non escrebo isto pra criticar á xente de mancomún; penso que están a facer un bon traballo e supoño que non podemos esixir que todo o que fagan sexa válido para Debian ou para calquera outra distro. Escrebo para saber se alguén empaquetou xa algunha das traducións ou se está a pensar en facelo, pra xuntar forzas e disponibilizalos segundo se fan as cousas na Debian. Ou se alguén ten experiéncia facendo pacotes .deb pois tamén resultará útil. Quedo pendente do correo. Saúdos, -- [1] Por se alguén quer aprofundar no tema do cambio de nome ver "Firefox torna-se Iceweasel." en http://www.debian.org/News/weekly/2006/40/ ou tamén http://chuza.org/index.php?search=tag:iceweasel [2] http://www.mancomun.org/index.php/component/option,com_remository/Itemid,111/func,fileinfo/id,54/ [3] Se o listserver trunca o correo, quen queira velas que avise no correo.
Attachment:
warning do xpi de galego no iceweasel - despois do chequeo.png
Description: PNG image
Attachment:
warning do xpi de galego no iceweasel.png
Description: PNG image