[Date Prev][Date Next] [Thread Prev][Thread Next] [Date Index] [Thread Index]

Panorama da galeguización da Debian



Boas,

Penso que despois distes quince días 'de cortesía' xa todo o mundo tivo
tempo para enterarse da existenza da lista, apuntarse a ela e aclarar as
dúbidas que xurdiran sobre a súa criazón. 

Con todo niste tempo xa houbo traballo de posta en común, do que eu
destacaría:

- Un pequeno documento de introdución para orientarse ao principio:
  http://lists.debian.org/debian-l10n-galician/2006/12/msg00001.html
- Alexandre (minhoca) ofreceu compartillar os recursos das
  ciberirmandades ( http://www.ciberirmandades.org/ )
- Aclarouse o vencello de Tarrío en relación ao traballo de tradución na
  Debian.
- Manifestouse a necesidade de dispoñer de ferramentas de axuda á
  localización (termigal, volga e demais)
- Hai un convite para participar na DebConf 7
  ( https://debconf7.debconf.org/wiki/Main_Page )

Non sei cómo o vedes vós, pero eu penso que podíamos dar un paso máis se
fixeramos unha posta en común sobre o estado actual da galeguización na
Debian. Así poderemos ir clarexando o panorama pra despois atopar o
mellor xeito de resolver os problemas que nos atopemos.

Cómo vedes vós a cousa?

Saúdos,



Reply to: