[Date Prev][Date Next] [Thread Prev][Thread Next] [Date Index] [Thread Index]

Localización da Debian ao galego



Boas xentes de Trasno:

Escrebo só para dar unha boa nova: avisar que ven de ser creada a lista de
localización ao galego da Debian debian-l10n-galician@lists.debian.org.

Trátase dunha lista de política aberta, de libre suscrición e arquivo público.
O seu propósito é afortalar o soporte da distro no noso idioma promovendo a
consolidación da comunidade Debian galega.

Podedes consultar o seguimento da proposta de criazón eiquí:

http://bugs.debian.org/cgi-bin/bugreport.cgi?bug=404451

e o fío da posta en común que tivo lugar na lista de internacionalización
da Debian (clicando en thread-next):

http://lists.debian.org/debian-i18n/2006/12/msg00177.html

Quen desexe se suscreber pode facelo por sí proprio/a eiquí:

http://lists.debian.org/debian-l10n-galician/

Basta introducir o próprio enderezo no cadro correspondente e premer o
botón "subscribe". De seguido recibirá un correo ao que deberá respostar
sen modificar os cabezallos, e ficará suscrito/a.

A participación da xente que levades aportando durante os últimos anos é
importante, e a da xente que non o fixestes -ou deixastes de facelo- por
resultarvos frustrante a experiéncia tamén: dos erros apréndese, sobre
todo cando se poñen en común e con vontade proactiva.

Por suposto podedes difundir esta nova do xeito que mellor vexades. 

Saúdos e graciñas polo voso apoio,



Reply to: