[Date Prev][Date Next] [Thread Prev][Thread Next] [Date Index] [Thread Index]

Re: warning do iceweasel co xpi de galego



Creo que esta critica tamen poderia terse enviado a Mancomun.

On 3/20/07, suso@riseup.net <suso@riseup.net> wrote:
Boas,

Estou a empregar o Iceweasel 2.0.0.1 nunha testing. Para quen non estea
ao tanto, o Iceweasel é o Firefox cambiado de nome [1].

Como nos repositórios oficiais non temos un paquete de localización para o
galego, instalei o complemento do Firefox para galego de mancomun.org [2].

Funciona perfectamente; porén hoxe fixo unha comprobación de versións
dos complementos instalados, e non atopou concordáncia neste paquete tal
como podedes apreciar nas fotos que xunto [3]

Tras o chequeo todo continúa funcionando perfectamente en galego.

Supoño que haberá xeito de deshabilitar esas comprobacións nas
preferéncias do Iceweasel, pero para un usuário/a normal, isa mensaxe é un
incordio.

Cousas parecidas téñenme pasado coa tradución do OpenOffice ao galego: e
tamén niste caso poderíamos facerlle a vida máis fácil á xente que usa
Debian se dispuxeramos dun paquete openoffice.org-l10n-gl. O mesmo co
Icedove (Thunderbird) e supoño que así seguirá sucedendo con outras
aplicacións que están a ser traducidas.

Non escrebo isto pra criticar á xente de mancomún; penso que están a
facer un bon traballo e supoño que non podemos esixir que todo o que
fagan sexa válido para Debian ou para calquera outra distro. Escrebo para
saber se alguén empaquetou xa algunha das traducións ou se está a pensar en
facelo, pra xuntar forzas e disponibilizalos segundo se fan as cousas na
Debian. Ou se alguén ten experiéncia facendo pacotes .deb pois tamén
resultará útil.

Quedo pendente do correo. Saúdos,

--

[1] Por se alguén quer aprofundar no tema do cambio de nome ver
"Firefox torna-se Iceweasel." en http://www.debian.org/News/weekly/2006/40/ ou tamén http://chuza.org/index.php?search=tag:iceweasel

[2]
http://www.mancomun.org/index.php/component/option,com_remository/Itemid,111/func,fileinfo/id,54/

[3] Se o listserver trunca o correo, quen queira velas que avise no
correo.



Reply to: