[Date Prev][Date Next] [Thread Prev][Thread Next] [Date Index] [Thread Index]

Re: Reenviando: [Jacobo Tarrío (era: Re: Fwd: Teño dúas dúbidas)]



Até onde eu chego, termigal, volga, diccionariose demais cousas polo
estilo son movidas universitarias e non da xunta, xeralmente a través
de institucións vencelladas a elas tais coma o Ramón Pinheiro, o ILG ou
a RAG.

Con todo entendo eu que en tanto a financiaciación destes organismos
provén dos orzamentos que se aproban no parlamento e que son xestionados
pola xunta, supoño que non serían de descartar vías de interlocución por
vía xunta. En todo caso, para que iso suceda entendo que habería que
plantexar a demanda en primeiro lugar e facer presión e visibilizala de
xeito que xustifique unha intervención do tipo que sexa. E, en todo
caso, debería ser a través do órgano competente, que se podería deducir
para cada caso analisando a súa estructura orgánica e dependencia
funcional e financieira.

Dende logo no que a min respeita estou interesado nesa cuestión e quen
teña iniciativa calquera ao respeito que conte comigo. De feito isto é
algo que xa plantexei nas Xornadas sobre localización de software ao
galego organizadas polo Concello de Santiago, e se non me equivoco, esa
petición foi incluída nas conclusións finais. 


Leandro Regueiro escrebeu:
> >dixo: Leandro Regueiro

> >> Sobre o do termigal, ¿non habia por aqui alguen da xunta que nos
> >> poderia botar un cable ou algo? Ainda non hai moito tempo botei en
> >> falta unha paxina web onde poder consultar calquera palabra en galego
> >> para ver como se escribe, significado e todo iso.
> >>



Reply to: